Manuel Muiño Espasandín, alcalde de Zas, asume a presidencia de Costa da Morte Asociación Turística

Manuel Muiño Espasandín

Tamén se suman á Xunta Directiva de CMAT María Lema, concelleira de Turismo de Dumbría, como vicepresidenta; e como vogais, Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra, e José Carlos García, rexedor de Coristanco.

A CMAT destaca, tras a renovación do seu órgano de dirección fixado cada dous anos, a presenza de todas as forzas políticas que gobernan nos concellos do xeodestino e a representación baseada no equilibro territorial.

A nova Xunta Directiva celebrará a súa primeira reunión o 3 de agosto en Baio.

O alcalde de Zas, Manuel Muiño Espasandín, é o novo presidente de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT). Toma a substitución de Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, que desenvolveu as súas funcións como presidenta da CMAT desde xuño de 2021 ata o de agora. As asembleas iniciais da asociación estableceron a rotación da presidencia cada dous anos seguindo a orde alfabética dos municipios. A renovación da Xunta Directiva acordouse na asemblea extraordinaria de socios da CMAT celebrada onte na Casa dá Cultura de Vimianzo.

Incorpórase á Xunta Directiva da CMAT, como vicepresidenta, María Lema, concelleira de Turismo do Concello de Dumbría. Substitúe a Sandra Insua, alcaldesa de Camariñas. Tamén son novos integrantes do órgano de dirección da CMAT, como vogal, Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra, que substitúe ao anterior alcalde deste municipio, José Marcote; e, tamén como vogal, José Carlos García, alcalde de Coristanco, que releva a Xosé Regueira, concelleiro de Turismo de Carballo.

Pola súa banda, mantéñense nos seus cargos José Muiño, alcalde de Cabana de Bergantiños, como tesoureiro da CMAT; Pepe Formoso, presidente de APTCM, como secretario; e Damián Álvarez, secretario de APTCM, como vogal. Costa da Morte Asociación Turística destaca que “tal e como leva facendo desde o nacemento da CMAT, a nova Xunta Directiva conta con representantes políticos de todos os partidos que gobernan actualmente no territorio, e mantén un equilibro territorial”.

Obxectivos fundamentais

A Asemblea Extraordinaria de Socios da CMAT, tras dous anos, renovou a súa Xunta Directiva cumprindo cos estatutos. E, tras a constitución das novas Corporacións Municipais, deu a benvida ás novas alcaldesas e alcaldes dos Concellos que integran o xeodestino. Ao comezo da sesión, Marta Rodríguez, membro do equipo da Secretaría Técnica da CMAT, realizou un resumo sobre que é Costa da Morte Asociación Turística e destacou os seus obxectivos fundamentais, os seus órganos de goberno, as súas fontes de financiamento, os fitos alcanzados nestes dous últimos anos, as actividades desenvolvidas de xaneiro a xuño de 2023 e as previstas para a segunda metade deste exercicio.

A antiga Xunta Directiva, liderada por Mónica Rodríguez, destacou a “velocidade de cruceiro” alcanzada por CMAT no desenvolvemento de novas iniciativas. Confía en que “non se vexa afectada polo cambio nos órganos de goberno”. Ao mesmo tempo, recomendou a celebración de reunións mensuais da Xunta Directiva “que permitan e favorezan un seguimento e control das actividades programadas, así como a toma de decisións e a coordinación coa Secretaría Técnica”.

Na Asemblea Extraordinaria tamén se expuxo unha actualización dos estatutos da CMAT, onde se especifique, por exemplo, a implicación dos membros da Xunta Directiva nas súas funcións, así como na responsabilidade económica dos socios. Tamén se propuxo estudar a “necesaria actualización das cotas dos socios da CMAT para gañar músculo financeiro que permita o crecemento da asociación e mellorar o impacto das actividades en todo o territorio”.

Experiencia enriquecedora

Mónica Rodríguez, a modo de despedida, destacó como “enriquecedora y gratificante” su experiencia al frente de la CMAT durante los dos últimos años. Dijo llevarse “un gran aprendizaje”. “Fue un trabajo intenso y fructífero gracias al trabajo en equipo y a la implicación de todos los miembros de la Junta Directiva y de todos los socios; y a la labor de coordinación, el buen hacer y el apoyo en la gestión desarrollado por la Secretaría Técnica de la CMAT”, manifestó la también alcaldesa de Vimianzo.

A nova Xunta Directiva, que terá a súa primeira reunión de traballo o próximo 3 de agosto na localidade de Baio, Concello de Zas, destaca que “se abre unha nova etapa con sólidas vimbias para seguir consolidando á CMAT como ente xestor do turismo en Costa da Morte”. O próximo encontro servirá para definir as actividades da segunda metade de 2023 e para asentar as novas bases de traballo e coordinación da nova Xunta Directiva.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.