Search
Close this search box.

A Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) presenta en Santiago de Compostela a súa campaña gastronómica “Meses con R, aposta segura”

La Asociación de Profesionales del Sector Turístico de la Costa da Morte (APTCM) presenta en Santiago de Compostela su campaña gastronómica “Meses con R

18 establecementos da Costa da Morte ofrecerán menús e pratos baseados na gastronomía local de quilómetro cero, que se poderán degustar durante as fins de semana de outubro a decembro.

O evento de presentación oficial da campaña tivo lugar na aula de cociña do Mercado de Abastos, cun showcooking da man do chef Braulio García do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Onte, no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, tivo lugar a presentación oficial da campaña “Meses con R, aposta segura”, cun evento organizado pola Asociación de Profesionais Turísticos de Costa da Morte (APTCM), que reuniu a unha variedade de personalidades do sector hostaleiro da Costa da Morte e representantes de diferentes administracións públicas.

A campaña “Meses con R, Aposta Segura” conta co apoio da Consellería do Mar, Agader e Turismo de Galicia e ten como obxectivo promover a gastronomía local de quilómetro cero da Costa da Morte, durante as fins de semana dos meses de outubro, novembro e decembro, tempada na que os mariscos están no seu mellor momento. Os comensais poderán degustar menús ou pratos baseados na gastronomía local, principalmente peixes e mariscos das lonxas da Costa da Morte, así como produtos da horta.

Esta iniciativa, promovida por APTCM e coa colaboración da CMAT, busca desestacionalizar a demanda, permitindo desfrutar dos produtos de temporada fóra dos meses do verán e destacando a riqueza dos produtos da Costa da Morte.

Neste evento de presentación na Praza de Abastos, interviñeron:

  • Pepe Formoso (Presidente de APTCM)
  • Damián Álvarez (Secretario de APTCM)
  • Antonio Basanta (Director Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica)
  • Alfredo Fernández Ríos (Subdirector de Mobilidade de Terras de AGADER)
  • Jose Manuel Merelles (Director da Axencia Turismo de Galicia)

Por último, Braulio García, chef e profesor do Centro Superior de Hostelería de Galicia, realizou unha pequena demostración e showcooking de pratos que poñen en valor estes produtos.

Os 18 establecementos participantes nesta campaña, que á súa vez busca fomentar a colaboración entre os sectores turístico e pesqueiro do territorio, son os seguintes:

  • A Lonxa D´Álvaro
  • A Marina de Camariñas
  • As Garzas
  • Asteria Beach
  • Balarés Hotel
  • Carrumeiro
  • Liresca
  • Mar da Morosa
  • Mar de Queo
  • Morada da Moa
  • Náutico de Razo
  • Mar de Preciosa
  • Moncho
  • Refuxio do Náufrago
  • Parador Costa da Morte
  • Pontemaceiras
  • Río Sil
  • Tira do Cordel

Algúns dos produtos nos que se basearán os menús inclúen o Grelo rizado, a Pataca de Coristanco, a Faba do marisco, o Pan de Carballo, o Berberecho do Anllóns, a Centola, o Polbo ou a inmensa variedade de peixes das lonxas da Costa da Morte.

Proximamente poderase consultar toda a información sobre esta campaña “Meses con R, aposta segura”, nas canles oficiais da CMAT.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg