A CMAT participa no Principado de Asturias nunha Xornada de intercambio de Boas Prácticas no Turismo Rural, o Astroturismo e a Calidade Turística para a mellora da competitividade

Cmat En Asturias

Unha delegación da Costa da Morte Asociación Turística coñece sobre o terreo a experiencia das asociacións de Turismo Rural asturianas, os proxectos ao redor do astroturismo e o modelo desenvolvido por Xixón ao redor da Calidade Turística.

Representantes da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), participaron a pasada semana (28 e 29/09/2023) na Xornada de Intercambio de Boas Prácticas no Turismo Rural, o Astroturismo e a Calidade Turística entre destinos, actividade cofinanciada pola Deputación da Coruña, dentro das axudas a entes de xestión turística da provincia concedidas á CMAT para a presente anualidade.

A delegación da CMAT estaba composta pola súa vicepresidenta e concelleira de Turismo en Dumbría, María Lema Santabaya; o tesoureiro e rexedor de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez; o secretario da Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) e vogal na CMAT, Damián Álvarez; e Catherine García, do equipo da Secretaría Técnica da entidade.

“Este encontro serviu para o intercambio de ideas e para recoller boas prácticas aplicables na Costa da Morte, adaptándoas ao noso territorio e idiosincrasia”, destaca María Lema, vicepresidenta da Asociación, quen detalla que “a experiencia de coñecer outros modelos de xestión e proxectos turísticos sobre o terreo foi moi enriquecedora para todas as partes implicadas e permitiunos non só aprender destes, senón tamén espallar o nome e a marca Costa da Morte máis aló das nosas fronteiras”.

A visita comezou en Luarca, onde mantiveron un encontro coa presidenta da asociación Más Luarca Valdés, Delfina Pérez, o xeólogo e promotor do xeoparque Pizarras de Luarca, Alberto Urrusuno, a doutora en Astronomía e iniciadora do proxecto Allande Stars, Lucía González Cuesta, e Faustino García, do aloxamento de Turismo Rural e Astronómico “L’Observatoriu”. Con este grupo, intercambiáronse experiencias, éxitos e aprendizaxes na xestión e planificación do turismo de natureza no territorio, así como do emprendemento vencellado ao turismo astronómico, rural, xeolóxico e o ecoturismo. José Muíño considera que “este tipo de actividades enriquece a todas as partes, xa que tivemos oportunidade de trasladar como traballamos desde Costa da Morte no eido do astroturismo, como se acadou o distintivo de Destino Turístico Starlight e os pasos que estamos a dar tanto no ámbito da iluminación pública intelixente coma no da creación de actividades e produtos turísticos baseados no ceo e nas estrelas”.

O asociacionismo a través do Turismo Rural

Posteriormente, celebrouse un encontro con parte da Xunta Directiva da Asociación Rexional de Casas de Aldea (ARCA), integrada en OTEA Hostelería y Turismo en Asturias, para coñecer de primeira man a súa experiencia en torno ao asociacionismo. Participaron nesta reunión Jaime García, presidente de ARCA; Sandra Núñez, secretaria da asociación e outros representantes dos eidos do agroturismo, silvicultura, apartamentos rurais e casas de aldea.

A través das súas explicacións, púidose entender mellor cales son os seus obxectivos como asociación, como traballan en coordinación co resto do sector e que tipos de actividades desenvolven para os seus socios, así como para xerar un impacto no rural a través do turismo. Damián Álvarez asegura que “foi moi enriquecedor coñecer os inicios dunha asociación tan consolidada coma ARCA, e puidemos establecer conexións co momento tan importante que estamos a vivir actualmente en APTCM, onde continuar crecendo para gañar representatividade e poder conseguir máis vantaxes para os nosos socios e socias e para o desenvolvemento do turismo da Costa da Morte é crucial”.

Calidade Turística SICTED

Seguidamente, reuníronse en Xixón con Daniel Martínez, Director de “Visita Xixón”; María Ángeles Alonso, da área de Desenvolvemento Empresarial; e Carmen Río, da área de Visita Xixón Profesional.

A empresa municipal de Promoción Empresarial e Turística de Xixón é un referente nacional en canto á implantación do Sistema Integral de Calidade Turística, SICTED, ao que Costa da Morte acaba de adherirse este ano, polo que a CMAT puido coñecer de preto como naceu o proxecto en Xixón, como evolucionou, medrou e se transformou, ata derivar no que hoxe é Visita Xixón Profesional. Tamén se extraeron conclusións interesantes e consellos á hora de abordar as primeiras fases de implantación dun sistema de calidade nun destino. Así mesmo, afondouse no rendemento e beneficios que o empresariado turístico da cidade lle saca á adhesión como membros e que proxectos se están a levar a cabo tanto no presente como a futuro.

Transformación Dixital

Para poñer fin ao día, a delegación da CMAT mantivo unha distendida xuntanza con Vanina E. Posada, consultora turística asturiana con dilatada experiencia en formación e asesoramento en procesos de dixitalización do sector turístico, da que a CMAT puido recoller información sobre as necesidades e tendencias nesta liña.

Astroturismo

A reunión con Santiago Izquierdo, Presidente da Sociedade Astronómica Asturiana OMEGA, foi a encargada de pechar esta Xornada de Intercambio de Boas Prácticas. Nela afondouse sobre as motivacións e necesidades deste tipo de entidades e das persoas afeccionadas á astronomía á hora de viaxar para a contemplación do ceo e doutros acontecementos astronómicos, información moi relevante para a CMAT logo de que a Costa da Morte fose certificada como Destino Turístico Starlight en xaneiro deste ano 2023.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.