A Asociación de Turismo da Costa da Morte acollerá o acto de entrega das certificacións do SICTED ás entidades turísticas da contorna

entrega diplomas sicted

O evento estará aberto tanto a persoal dos concellos como a empresas do sector interesadas no proxecto

No acto entregaranse as distincións do Sistema de Calidade Turística en Destino (SICTED) a 35 establecementos da Costa da Morte recoñecidos pola Secretaría de Estado de Turismo.

ZAS, 14/03/2024. A Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT), co apoio de Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña, celebra o próximo xoves 21 de marzo ás 18 horas no Centro Sociocultural de Baio (Zas) o acto de entrega das certificacións do Sistema de Calidade Turística en Destino (SICTED). Neste acto, tamén se informará sobre o proceso de adhesión ao SICTED para novos establecementos durante a anualidade 2024.

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino na Costa da Morte

Este acto englóbase no proceso de implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino na Costa da Morte, promovido pola CMAT e cofinanciado pola Deputación da Coruña a través das axudas do ano 2023 a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas, da provincia da Coruña. Estas axudas tamén se solicitarán nesta anualidade para dar continuidade ao citado proceso de implantación.

O SICTED é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR) que conta cunha metodoloxía propia baseada nunha visión global de destino. Esta iniciativa contribúe a implantar un sistema de xestión da calidade nos destinos turísticos.

No primeiro ciclo de implantación deste sistema na Costa da Morte, distinguíronse un total de 35 establecementos dos seguintes servizos do sector turístico: casas de turismo rural, hoteis, balnearios, apartamentos turísticos, albergues turísticos, entidades de turismo activo/lecer náutico, oficinas de información turística e museos.

Durante o evento do próximo xoves 21, estas 35 entidades recibirán o seu diploma e un distintivo de “Compromiso de Calidade Turística”, que os acredita e recoñece o seu esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua.

Segundo ciclo do SICTED e novas adhesións

As entidades xa distinguidas pasarán ao Ciclo 2 e abrirase un novo período de adhesión ao Ciclo 1 para novas empresas e outros servizos turísticos, tanto dos xa representados como dos seguintes de nova inclusión: restaurantes, artesáns/ás e comercios de artesanía local. O obxectivo é desenvolver o proxecto entre abril e novembro de 2024. Durante o acto de entrega de diplomas, facilitarase máis información sobre o proceso de novas adhesións para esta anualidade.

+ info: Costa da Morte Asociación TurísticaGabinete de Prensa da CMAT. 623297799

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.