Plans para Semana Santa 2024 na Costa da Morte

planes semana santa 2024 costa da morte

Estás buscando plans para esta Semana Santa 2024 na Costa da Morte? Aquí che deixamos unha lista para que a túa visita sexa inesquecible!

Plans na natureza na Costa da Morte

Unha opción ideal para desfrutar da nosa terra e facelo tamén preto da nosa auga. Tanto na zona da costa como nos nosos concellos do interior, son moitas as rutas e paseos ideais. Aínda que recomendamos cada recuncho dos nosos 17 concellos, imos deixar un punto ideal de cada un deles:

  • A Laracha – En Caión empeza o noso territorio, así que cremos que tamén é un punto perfecto para comezar unha visita á zona se entras polo norte. Podes deleitarte coa gastronomía da nosa terra en calquera dos restaurantes da vila

  • Cabana de Bergantiños – O miradoiro dos Picotiños é o punto ideal para ter unha panorámica tanto deste concello, como do de Ponteceso e Laxe, cos que comparte ría.

  • Camariñas – O cabo Vilán é a parada obrigatoria neste concello e, aproveitando a visita, podes moverte ata a praia de Reira e o cemiterio dos Ingleses.

  • Carballo – Algunha vez pensaches en surfear? A praia de Razo conta con escolas e é o lugar ideal tanto para comezar con clases como para perfeccionar o teu surf.

  • Carnota – A praia de Carnota é a máis longa de toda a nosa costa, así que cremos que dedicar tempo a percorrela será un plan perfecto para esta semana.

  • Cee – Lires é unha praia moi recomendada para visitar. Só é separada por un río da praia de Nemiña (Muxía), polo que a tentación para cruzar coa marea baixa pode ser moi alta, pero o perigo é aínda maior. Non a cruces polo río, porque a corrente é moi forte e pode ser moi perigoso.

  • Corcubión – Propoñemos aquí un paseo pola vila, á beiriña da ría, descubrindo parte do seu patrimonio histórico que é moito. Se tes algunha dúbida sobre a historia de Corcubión, sempre podes visitar a súa oficina de turismo.

  • Coristanco – O Refuxio de Verdes é un lugar precioso tanto para visitar como para levar o xantar e pasar o día de pícnic en familia.

  • Dumbría – Onde a auga doce se xunta coa salgada, na desembocadura do río Xallas. A sempre impoñente cascada do Ézaro, onde podes realizar rutas en kaiak, sacar fotos ou simplemente deleitarte coas vistas.

  • Fisterra – A praia de Mar de Fóra é un dos areais máis salvaxes. Ideal para desfrutar dun paseo mirando o horizonte (mellor se o tempo o permite).

  • Laxe – A punta do Monte da Insua, onde se atopa o seu faro. Ten unhas mesas listas para poder sentarse a desfrutar das vistas tanto á ría como á inmensidade.

  • Malpica de Bergantiños – A Semana Santa é un momento perfecto para visitar o cabo de Santo Hadrián, outeando desde as Illas Sisargas ata máis alá de Ferrol dentro dunha mesma foto.

  • Mazaricos – Que mellor que aproveitar esta semana para descubrir as súas fervenzas. Podes probar, por exemplo coa de Noveira.

  • Muxía – Nemiña, xa mencionada máis arriba, é ideal tanto para pasear como para pasar unha xornada de surfing en grupo.

  • Ponteceso – Descubrir a praia de Niñóns e as súas pequenas covas coa marea baixa. Unha aventura para toda a familia.

  • Vimianzo – Recomendamos aquí a Ruta dos segredos do Val de Vimianzo. O roteiro completo son uns 14 quilómetros circulares, pero sempre se poden facer anacos máis pequenos lineais.

  • Zas – Na mesma liña, a Ruta da Auga é un paseo moi agradable. Son uns 9 quilómetros se a fas completa, pero sempre se pode acurtar e facer máis accesible para calquera persoa.

Eventos especiais de Semana Santa 2024 na Costa da Morte

Ademais deses plans da natureza que se poden desfrutar en calquera momento do ano, son moitos os concellos que teñen actividades especiais durante estes días con motivo destas celebracións. A continuación deixamos algúns plans e esperamos que sexan do teu interese:

  • Camariñas: XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Do 27 ao 31 de marzo e co lema “Camariñas Sorprende”, a mostra deste ano pretende rivindicar o encaixe como un elemento de valor para coñecer o municipio. A apertura desta edición será o mércores 27 de marzo ás 15 horas. Tes o programa completo premendo nesta ligazón.

  • Carnota: Víndemo ver. Do 28 ao 31 de marzo, a praza de San Gregorio de Carnota acollerá unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores e creadoras locais dentro do “Mercado da Deputación”. Ademais destes espazos, haberá diferentes actividades culturais e deportivas. O evento dará comezo o xoves 28 ás 17:00 h co acto de inauguración e a charla-coloquio con Santiago LLovo “A salga en Carnota” no salón de plenos do Concello. Podes consultar pinchando aquí a información.

  • Cee: Divercee. O 26 e 27 de marzo. Porque esta Semana Santa na Costa da Morte tamén ten plans para os máis pequenos. Gran festa con inchables, obradoiros e moitas sorpresas máis. Será entre as 16:30 e as 19:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal.
  • Fisterra: En Fisterra, aínda que a Semana Santa comeza xa o 16 de marzo, as actividades de carácter lúdico veñen da man das Festas do Santo Cristoque serán o 30 e o 31 de marzo e o 1 de abril. Haberá pasarrúas e alboradas e tamén actuacións musicais nocturnas. Nas seguintes ligazóns podes consultar tanto as actividades relixiosas como as de carácter lúdico.

  • Laxe: No caso da Semana Santa de Laxe, haberá diferentes actividades culturais programadas desde o venres 22 ata o domingo 31 de marzo. Entre estas, destacan o obradoiro de fotografía Analóxica o martes 26 e o mércores 27 da mán de Óscar Górriz ou a xornada de portas abertas coa entrada de balde no Museo do Mar de Laxe o sábado 30. Podes descargar o cartaz coa programación premendo aquí.

  • Vimianzo: A Semana Santa de Vimianzo tamén abranguirá moitos días de programación cultural. Entre o 22 eo 31 de marzo, haberá tanto unha mostra de artesanía en vivo como unha interesante exposición no Castelo de Vimianzo: “Vimianzo no tempo, do castrexo ao medievo”. Tamén hai programadas visitas teatralizadas no castelo os días 28, 29, 30 e 31 de marzo. Podes consultar o resto de actividades de Vimianzo premendo aquí.

Comparte a túa Semana Santa na Costa da Morte nas redes sociais

Se decides desfrutar estes días de Semana Santa pola Costa da Morte e o queres compartir en redes, gustaríanos moito que nos menciones en @visitacostadamorte e utilices o cancelo #visitacostadamorte para que poidamos ver as túas aventuras e chegar a máis xente! Moitas grazas!

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.