Comezamos as entrevistas aos concellos con Concello de Mazaricos. Mazaricos sitúase ao Noroeste de Galicia, na zona suroeste da provincia de A Coruña. Este concello ofrece a típica paisaxe frondosa de Galicia.
En Mazaricos pódese gozar de actividades e paisaxes para todos os gustos, bosques, fervenzas e marabillosas construcións megalíticas.
Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de Juan Blanco, Alcalde de Mazaricos. Deixámosvos as súas mellores respostas:
Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?
Hai xente que ven á Costa da Morte con aquela idea dos romanos de que nela acaba o mundo, de que o sol se pon nas augas e máis alá non hai nada. ÿ unha visión moi romántica pero nós temos outra distinta e non menos literaria: para nós non é un lugar onde acaba senón onde está o mundo. O noso mundo. ÿ unha contorna que coñecemos ben, afastada dos grandes circuítos turísticos e cunha personalidade moi marcada que vén dada polas nosas paisaxes, polo noso clima e mesmo pola nosa forma de habitar o territorio. Cantís abraiantes, pero tamén chairas verdes, montes rochosos, piñeirais fungando, carballeiras antiguísimas, aldeas monumentais… Curiosamente, algunhas das zonas que máis paga a pena coñecer da Costa da Morte están no interior da mesma.
Tres motivos para descubrila.
Contalo antes ca ninguén: seguro que moitos turistas coñecen as Rías Baixas, pero cantos se animan a ir máis ao norte?
A gastronomía, que é moi ?auténtica?, con produtos de aquí ao xeito de sempre.
E as nosas paisaxes imbatibles.
En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?
O final do verán e o comezo do outono, cando o tempo aínda acompaña e non vai moita calor nin chove demasiado. Setembro é un mes ideal para un turismo máis repousado e menos masificado.
Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?
Sen dúbida o sendeirismo. Tamén temos rutas que se prestan para a bicicleta, e de feito celebramos unha ruta BTT moi concorrida anualmente.
Ademais da fervenza de Chazín, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?
O resto de fervenzas de Mazaricos, que son unhas cantas. A da Noveira, un espectáculo de rocha e auga. A de Gosolfre, nunha contorna natural de denso bosque atlántico. A do Fírvado, onde sentarse no columpio para desfrutar do lugar. Ou a de Santa Locaia, co seu misterioso ?pozo das campás?.
Galicia en Xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Mazaricos mediante o padal?
Carne e pan. Mazaricos é un concello eminentemente agrogandeiro e iso nótase nos nosos principais produtos. Somos o principal produtor leiteiro de Galicia e, vinculado tamén á gandaría vacúa, un produtor de carne excepcional. Unha costeleta de Mazaricos non se esquece rápido.
Como non podía ser doutro xeito, esta importancia da gandería trae consigo a do cereal. Nos campos de Mazaricos reinan o trigo e o millo. O noso pan é moi famoso fóra do municipio. Elabórase artesanalmente, en forno de leña, e a partir dunha variedade moi característica de trigo do país que lle dá non só un sabor senón tamén unha cor especiais. O pan de Mazaricos distínguese co padal pero tamén co ollo.
Ao igual que somos expertos en pan, sómolo tamén en produtos relacionados como as empanadas. Unha empanada de zamburiñas con masa de millo feita en Mazaricos é outra cousa.
E non podemos esquecer o noso tradicional bolo de pote. Un produto do que se fixo eco a mesma Rosalía de Castro e que exaltamos anualmente nunha celebración que retomaremos cando a pandemia nolo permita e que xunta a centos de persoas, veciños e visitantes, na Picota.
Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Mazaricos? E de Costa da Morte?
O próximo que está de todo. A un paso de Santiago ou da Coruña, para quen quere coñecer as cidades galegas. Pegado tamén ás Rías Baixas, un destino moi habitual dos visitantes. Neste ano Xacobeo unha visita a Mazaricos complementa moi ben unha viaxe a Santiago. ÿ unha forma de saír dos grandes circuítos turísticos e ver ?a auténtica Galicia?. Iso á xente que nos visita gústalle.
As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?
Xa comentei que a Costa da Morte tamén ten moito interior para ver. Tamén en praias. A praia fluvial da Pontenova é un espazo onde desfrutar dun bo baño no río, tomar o sol na herba ou mesmo desfrutar dunha boa comida no espazo habilitado como merendeiro. Para o baño tamén temos unha estupenda piscina municipal de acceso gratuíto. E, fóra de Mazaricos, non podemos obviar uns lugares como as praias do ÿzaro ou de Carnota, claro, tan preto do Pindo que para Mazaricos é unha ?fronteira? co mar.
Para os amantes do sendeirismo… cal recomendas no teu concellos? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?
En breve imos ter unha ruta espectacular polo río Xallas que unirá Zas e Santa Comba con Mazaricos. Vai ser unha ruta moi atractiva, pero para ir preparándose temos unhas cantas sen saír do noso municipio. Ademais da das fervenzas, está a ornitolóxica. Nada menos que 26 quilómetros que percorre puntos ideais para a observación de aves que aniñan aquí e mesmo están en perigo de extinción, como o corvo cristado mariño. Para quen queira coñecer o noso patrimonio, a ruta das feiras vellas é un destino a ter en conta. Percorre os lugares históricos das feiras de Mazaricos, entre a capela da Romaxe e a ponte romana de Ponteolveira, fronteira con Dumbría. ÿ tan antiga que xa na primeira metade do século XIX a recolle a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. E non esquezo o Camiño de Santiago, con dúas variantes en Mazaricos.
Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?
Pois a devesa de Anllares, outra das riquezas do interior da Costa da Morte. ÿ o bosque autóctono máis occidental de Galicia e un dos máis importantes.
Onde atopamos a mellor posta de sol?
Pois no miradoiro do Enxilde, claro! Chámase tamén do Padre Sarmiento porque dende alí describiu o famoso ilustrado o Monte Pindo. ÿ espectacular ver o solpor por detrás do monte e sobre as augas do encoro de Santa Uxía. Desde alí vese claramente ata Fisterra mentres se vai apagando o día. Non se dá contado, haino que ver.