Entrevista a Mónica Rodríguez Ordóñez, Alcaldesa de Vimianzo

entrevista-vimianzo

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Vimianzo. O concello de Vimianzo é a capital natural da Terra de Soneira. Forma parte da denominada Costa da Morte e linda cos concellos de Laxe, Camariñas, Muxía, Dumbría e Zas. Pola parte sureste limita co Encoro da Fervenza, que o separa do concello de Mazaricos.

O concello de Vimianzo conta dentro do seu patrimonio histórico cun importante número de igrexas, edificios, etc. que recollen diferentes estilos arquitectónicos. Tamén posúe un importante legado histórico; é un concello no que se pode apreciar a evolución da civilización humana dende a Idade Castrexa ata a actualidade: dolmens, mámoas, petróglifos, castros, mostras do Románico e do Renacemento, arquitectura civil e relixiosa, conflúen na diversidade das terras de Soneira. 

Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de Mónica Rodríguez Ordóñez, Alcaldesa de Vimianzo. Deixámosvos as mellores respostas: 

Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?

Inspírame natureza e cultura a carón do bravo Atlántico, unha conexión con todo o litoral oeste de Europa. ÿ a terra do solpor, co seu lado salvaxe e de misterio.

Tres motivos para descubrila

  • A su´a paisaxe atla´ntica, con acantilados, praias de mar aberto, ri´as, sendeiros e esa multitude de balco´ns ao solpor. Chega ata aqui´ a prolongacio´n do Camin?o a Fisterra e Muxi´a que, deseguro, ten a su´a orixe en ver ese fin do mundo.
  • O patrimonio cultural, que permite facer un percorrido pola historia de humanidade galaica, desde a e´poca dos dolmens ata a actualidade, pasando por castros e castelos. Para a su´a interpretacio´n abren as portas varios museos e centros dispersos polos dezasete concellos do xeodestino: Dolmen de Dombate, Torres do Allo, Bata´ns de Mosqueti´n, Castelo de Vimianzo, Casa do Oleiro en Bun?o, Museo de Carballo, Museo do Mar de Fisterra….
  •  As su´as xentes, hospitalarias e portadoras de saberes coma as artesani´as que se poden ver no Castelo de Vimianzo.

En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?

A primavera e, sobre todo, o vera´n ten?en o seu atractivo pola multitude de celebracio´ns, polas horas de luz e pola temperatura, que nos permiten gozar desta terra. Temos a sorte de que ai´nda non esta´ masificada. Durante estas estacio´ns hai multitude de actividades deportivas, culturais e gastrono´micas.

Seguen o outono e o inverno, coa cai´da da folla, os seus coloridos e os seus froitos. Boa e´poca para facer sendeirismo, apan?ar castan?as, recoller setas, para pasear a caro´n do mar ou para compartir un bo xantar. Incluso, cando hai fortes temporais, e´ todo un especta´culo ver o mar embravecido desde un lugar seguro.

Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?

  • Un paseo por algunha das nosas praias
  • Un solpor
  • Un sendeiro
  • Unha visita a algu´n museo ou centro de interpretación
  • Unha boa comida cos produtos do mar e da terra

Ademais do Castelo de Vimianzo, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?

  • Bata´ns do Mosqueti´n
  • Senda interpretativa de Cereixo
  • Ruta dos Penedos de Pasarela e Traba
  • Ruta dos Dolmens
  • Ruta polo Val de Vimianzo
  • Roteiro Fidalgo
  • Vi´a Mari´ana e visita a Orbellido, a caro´n do embalse de Fervenza
  • Un chocolate con churros o di´a do mercadillo, todos os xoves en Vimianzo
  • Programacio´n cultural e deportiva do municipio e actividades de diversos colectivos

Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Vimianzo mediante o padal?

Vimianzo e´ unha referencia no mapa gastrono´mico da Costa da Morte pola abundancia de establecementos, polo seu bo facer e pola variedade que se pode atopar nas su´as cartas, que vai desde as verduras ata as carnes, pasando polos peixes e mariscos, produtos que se preparan con receitas tradicionais ou incorporando as u´ltimas tendencias dos fogo´ns.

As carnes a´ parrilla ocupan un lugar destacado na oferta e o menu´ do di´a non foi esquecido polos nosos restauradores e os traballadores da zona saben que dispon?en dun amplo abano de pratos por un mo´dico prezo.

Empanadas de bacallau, caldeiradas de pescados, guisos, estofados, caldo, bolos do pote e callos completan esta oferta que se extende aos pinchos dos bares.

Hai que resaltar a alianza da industria alimentaria con esta oferta gastrono´mica, provinte das panaderi´as e das ca´rnicas.

Outro aspecto relacionado co bo comer e´ o lu´dico e, nos u´ltimos anos, os Pinchos Irmandin?os, que preceden a´ Festa do Alsalto, acapararon un gran e´xito. A Fagui´a de Carne´s, declarada Festa de Interese Turi´stico de Galicia, protagoni´zase pola degustacio´n de callos que preparan os vecin?os.

Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Vimianzo? E de Costa da Morte?

Valoran moi positivamente os espazos interpretativos do Castelo e os Bata´ns e tame´n as visitas guiadas e teatralizadas que se organizan.

As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?

  • A praia de Traba, polo seu cara´cter salvaxe e por formar parte do percorrido do Camin?o dos Faros que a une con Camelle nun fermoso traxecto de rochas e acantilados.
  • A praia de Arin?o, por ser de ri´a e un lugar con arboleda e merendeiro, moi co´modo para pasar un di´a en familia
  • A praia do Rostro, un areal que nos conecta co Atla´ntico e co solpor e que ten unha sonoridade especial.

Para os amantes do sendeirismo… cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?

A ruta dos Penedos de Traba e Pasarela e´ unha magni´fica opcio´n.

Desde o concello organi´zanse varias rutas guiadas ao largo do ano que ten?en moito e´xito. Ademais, existen outras posibilidades:

  • O Camin?o dos Faros, que transcurrre pola costa e pasa por Vimianzo entre Traba e Camelle e en Cereixo.
  • A Vi´a Mariana, que une Braga con Muxi´a e atravesa as parroquias de Bai´n?as e Berdoias, e se complementa coa ruta a caro´n do encoro e o vieiro Fidalgo.

Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?

O mar de ardora, a observacio´n das estrelas e as postas de sol.

Onde atopamos a mellor posta de sol?

En Vimianzo hai varios lugares, un deles e´ o Alto de San Bartolo, moi cerca da capital do municipio.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.