Entrevista a Esteban Blanco, biólogo e xefe da planta acuícola de A Laracha

entrevista-laracha

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de A Laracha. O concello de A Laracha é a porta de entrada á Costa da Morte, ten a auga, a salgada do océano Atlántico que baña Caión e a dos ríos que surcan o interior, entre os que destaca o Anllóns, como nexo de unión do seu amplo territorio. Dende Soandres ou Montemaior, onde se localizan as maiores altitudes, ata o nivel do mar na praia de Caión, o municipio conta con inmensidade de paisaxes para o goce dos seus visitantes. 

Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de Esteban Blanco, biólogo e xefe da planta acuícola. ÿ natural de Caión e presidente da Asociación Cultural Arume, entidade de referencia nesa vila e tamén no conxunto do Concello de A Laracha, que conta na actualidade con máis de 200 socios. Deixámosvos as mellores respostas: 

Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?

Para min, “Costa da Morte” significa IDENTIDADE, PERTENZA, SALITRE… Un modo de vida de expresión sempre ligado ao mar e á súa influencia. Terra de maneos, pandereteiras e regueifas.

Tres motivos para descubrila

Só TRES resulta complicado… Natureza, gastronomía, patrimonio, deporte, paisaxe…

En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?

Cada estación ten o seu atractivo na Costa da Morte, aínda que para min a época de máis desfrute é sempre a estival.

Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?

Roteiros a carón da costa co mar desatado e escumado, roteiros tranquilos ao longo do Anllóns, rutas gastronómicas, surf en praias espectaculares, visitas a faros, santuarios, museos, pazos…

Ademais da visita ao Centro de Interpretación dos Muíños de Costa da Morte, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?

En A Laracha non son de perder o Mosteiro de San Pedro de Soandres, a área recreativa de Gabenlle (A Laracha), as vistas incribles de Caión dende calquera vertente e a feira de Paiosaco do primeiro e terceiro domingo de cada mes. Xa saíndo do noso concello, hai que facer especial mención das paradas obrigadas ás Illas Sisargas (Malpica), o Faro de Cabo Vilán, o cemiterio dos ingleses en Camariñas, o Museo de Man en Camelle e un longuísimo etcétera. 

Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir A Laracha mediante o padal?

Calquera marisco e peixe de costa pode atoparse preparado cun gusto exquisito na maioría de mesas de restauración da Costa da Morte. Recomendo encarecidamente probar sempre en cada sitio de parada obrigada a tortilla, un prato humilde pero cunha materia prima de primeira calidade que fai as delicias de todos os padais. 

Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en A Laracha? E de Costa da Morte?

A tranquilidade que se respira, sobre todo para familias con nenos e persoas maiores. As praias, o ben comer, a variedade de locais de ocio, as festas patronais, a Natureza e a paisaxística.

As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?

Balarés en Ponteceso, Langosteira en Fisterra e, como non, As Salseiras en Caión. 

Para os amantes do sendeirismo… cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?

Sen ningunha dúbida, o roteiro que discorre a pé de costa e que une Malpica de Bergantiños con Fisterra. A chamada “Ruta dos Faros” é unha experiencia fantástica para facer en varias etapas e en compañía ao longo de máis de 150 km. Para patear, desfrutar da paisaxe e descubrir outras perspectivas. 

Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?

As “CALDEIRAS DO CASTRO”, en Muxía. Fomos este verán e a verdade é que son unhas caídas de auga con piscinas naturais traballadas polo río nas rochas. Ideais para desfrutar dunha xornada de baño no verán. Dispoñen de zona habilitada con mesas á sombra para xantar e merendar en grupos amplos de persoas. 

Onde atopamos a mellor posta de sol?

Vou tirar para casa… Sen dúbida, a que se pode desfrutar dende CAIÿN.

Etiquetas:

Compartir:

Descubre a las personas clave de la Costa da Morte

Más entrevistas Costa da Morte

Entrevista a José Muíño, Alcalde de Cabana de Bergantiñ...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Cabana de Bergantiños. O Concello de Cabana ocupa parte do fond...

Entrevista a Patricia Trasmonte Martínez, Técnica de Tu...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Corcubión. Corcubión está situado en Galicia, actual Comunidade...

Entrevista a María Lago, Técnica de Turismo de Carnota

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Carnota. Carnota está situado no extremo occidental da Coruña, ...

Entrevista a Raquel lema, Concelleira de Comercio, Host...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Laxe. Laxe está situado no noroeste de Galicia, no extremo occi...

Entrevista a Margarita Lamela Louzán, Alcaldesa de Cee

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Cee. O concello de Cee asómase ao mar por tres fragmentos de co...

Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre: «Moitas das c...

Florece a mañá na praia de Caión (A Laracha) e citámonos con Bieito Romero, fundador do mítico grupo Luar na Lubre e rec...

Entrevista a Xosé Regueira, Concelleiro de Promoción Ec...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Carballo. Carballo, capital de Bergantiños, está situado ao nor...

Entrevista a Esteban Blanco, biólogo e xefe da planta a...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de A Laracha. O concello de A Laracha é a porta de entrada á Costa...

Entrevista a Juan Blanco, Alcalde de Mazaricos

Comezamos as entrevistas aos concellos con Concello de Mazaricos. Mazaricos sitúase ao Noroeste de Galicia, na zona suro...

Entrevista a José Manuel Pequeño Castro, Alcalde de Dum...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Dumbría. O concello de Dumbría está situado no Camiño de Santia...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.