Vimianzo celebra esta semana o Día dos Monumentos e Sitios

Vimianzo celebra esta semana o dia dos monumentos e sitios

O día 18 de abril celébrase o Día Internacional dos Monumentos e Sitios, designado pola UNESCO. Unha xornada para concienciar sobre a diversidade do patrimonio en todo o mundo e os esforzos necesarios para protexelo e conservalo, e destacar a súa vulnerabilidade.

O concello de Vimianzo, dentro da súa acción estratéxica de poñer en valor o patrimonio como ferramenta social, cultural e de desenvolvemento local, únese a esta celebración con diferentes actos durante a semana. Ademais das visitas que se están a realizar estes días para os centros escolares e asociacións culturais da comarca, o propio mércores 18 o alumnado do CEIP de Baíñas pasará unha mañá gozando dos “monumentos e sitios” máis destacados da capital municipal. Coñecerán o xacemento arqueolóxico do Castro das Barreiras, en plena escavación, o castelo e a súa artesanía ao vivo, e finalmente o pazo de Trasariz. As visitas escolares nas Barreiras están sendo todo un éxito, creando sinerxías co castelo de Vimianzo e os batáns do Mosquetín, xa está ocupada a axenda practicamente durante todo o que queda de mes.

O xoves 19 ás 17h realizarase unha nova visita aberta ao Castro das Barreiras, para coñecer o avance das investigacións arqueolóxicas, explicado polo propio director da campaña Ángel Concheiro. Para participar, hai prazas limitadas, polo que se require inscrición previamente a través do correo electrónico turismo@vimianzo.gal ou ben chamando ao 981 716 001 en horario de mañá. Para seguir todas as novidades o castro das Barreiras conta con dúas redes sociais (facebook e instagram) e a web www.vimianzo.gal/castrodasbarreiras.

Para o venres 20, haberá unha conferencia ás 20h na Casa da Cultura baixo o título “Patrimonio, espello de nós”. Trata de aproximarnos ao concepto de ben cultural como herdanza compartida, desde as súas orixes aos nosos días. Falarase dos novos retos do patrimonio, o seu valor e uso, e da súa relación coa identidade dos pobos e ponte entre culturas nun mundo cada vez máis globalizado. Ese mesmo día o Concello participará en Barcelona no B-Travel, Salón Internacional de Turismo de Cataluña. Convidado pola Deputación da Coruña, o Concello de Vimianzo presentará a súa liña de traballo de promoción do patrimonio, neste caso falaremos das industrias e oficios tradicionais, como a artesanía que se elabora no castelo e o conxunto etnográfico do Mosquetín. A presentación terá lugar ás 12h45 “A industria antes da súa revolución, a tradición como revulsivo turístico dun entorno rural. O caso de Vimianzo, Costa da Morte, Galicia.”

Xa para finalizar a semana, presentarase na Casa da Cultura, o luns 23 ás 12h, a exposición Celebramos o noso patrimonio, organizada desde a Biblioteca Municipal de Vimianzo coa colaboración da Biblioteca Provincial da Coruña. Unha mostra bibliográfica e fotográfica na que se reúnen estudos e escritos sobre a riqueza patrimonial do Concello vimiancés postos a disposición dos usuarios.

 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.