VI Carreira Viquinga de Carnota

Vi carrera viquinga de carnota

Xa chega a Semana Santa carnotá e con ela a VI CARREIRA VIQUINGA, o trail que xa leva seis anos celebrándose e que este ano é o domingo 1 de abril. A saída será diante da casa do concello e vai dirixida a todos/as os/as corredores/as dende os 4 anos, xa que haberá tres categorías. A partir dos 16 anos, os corredores que lle guste o deporte e a montaña poderán percorrer 19 kms nunha paraxe natural incomparable polos montes de Carnota, de pasos por cortafogos ou por fervenzas.

Este ano como novidade, inclúese a categoría M50, e subirán ó pódium os/as 3 primeiros/as clasficados/as xunto coa categoría sénior. A saída será ás 10:30 e a recollida dos dorsais será na casa do concello e estará aberta dende as 09:00 da mañán. Alí mesmo tamén se pode dispor de un servizo de gardarroupa. Un vez que as categorías superiores realicen a súa saída, será o turno dos máis pequenos. Os pitufos percorrerán 300 m, os Cativos I 1km e os  Cativos II 3Km. Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo e un avituallamento. Tamén disporán de duchas no pavillón. Os trofeos ou medallas serán para os/as primeiros/as clasificados/as de cada categoría, para o 1º Carnotán e medallas para todos/as os/as participantes das categorías base.

Xa vos podedes anotar en http://vikinga.galitiming.com/

 

 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.