Verán activo en Laxe

Verano activo en laxe 1530872372

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta o programa de actividades que se enmarcan dentro do proxecto reLAXEse, para o terceiro trimestre deste ano 2018. Esta Concellería considera que o deporte é en si mesmo un valor diferenciador que permite ofrecer un programa de ocio atractivo para o visitante. Con esa intención presentamos un completo programa de actividades deportivas para este verán 2018. Todas elas enmarcadas no título “Verán activo”. As actividades están dirixidas a persoas maiores de 18 anos, pois para os menores existe xa un programa específico na Concellería de Deportes. Todas as actividades son de balde para os participantes.

 

IOGA. Os amantes do ioga poderán practicar esta disciplina en grupo nun lugar tan emblemático como a Praia dos Cristais. Será os martes 10, 17, 24 e 31 de xullo, e 7 de agosto, ás 20.00 horas. A actividade non ten inscripción.

GAP. Haberá clases colectivas de tonificación para traballar distintas zonas do corpo a bo ritmo, e ó aire libre. Será os mércores 18 de xuño, 1 e 8 de agosto, ás 20.00 horas no Patio Cuberto da Praza dos Voluntarios. Sen inscripción previa.

ZUMBA. Propoñemos ritmos latinos e exercicios aeróbicos, para comezar as fins de semana do verán. As clases serán os venres 20 e 27 de xullo, e 3 e 10 de agosto, ás 20.00 horas no Patio Cuberto da Praza dos Voluntarios. Sen incripción previa.

SENDEIRISMO. Nada mellor que coñecer o Concello de Laxe gozando dunhas preciosas rutas litorais en grupo. O martes 17 de xullo realizarase un percorrido guiado para coñecer o PR-G 70 Laxe-Punta Insua. Trátase dunha ruta lineal de 4,5 km e dificultade baixa-media. Ó martes seguinte, 24 de xullo, será o turno para o PR-G 114  Laxe-Traba. Neste caso trátase dun sendeiro lineal de dificultade baixa-media e 7,5 km de lonxitude. A volta desde Traba farase en autobús. En ambos casos, a saída será do Punto Municipal de Información Turística do paseo marítimo. Estas actividades teñen inscrición previa no Punto Municipal de Información Turística (PMIT) do paseo marítimo.

SNORKEL. Coñecer os fondos mariños sempre é unha experiencia atractiva, máis aínda sendo os da praia de Laxe. Haberá ocasión para facelo en grupos reducidos, o luns 16 e o xoves 19 de xullo. Tres turnos, de 8 persoas cada un, en horarios a escoller: de 10.00 a 11.30, de 11.30 a 13.00 e de 13.00 a 14.30 horas. A incrición previa formalizarase no PMIT.

PADDLE SURF. Subirémosnos por primeira vez á organización dunha fantástica experiencia practicando paddle surf, o luns 23  e o xoves 26 de xullo, na praia de Laxe. Os turnos son de 10.00 a 11.30, de 11.30 a 13.00, de 13.00 a 14.30 horas. As prazas son limitadas, polo que se require incrición previa no PMIT.

KAIAK. O luns 30 de xullo e o xoves 2 de agosto, ofrecemos a posibilidade de gozar dunhas divertidísimas saídas en Kaiak pola praia de Laxe. Cada día haberá tres turnos, de 10.00 a 11.30, de 11.30 a 13.00 e de 13.00 a 14.30. As prazas son limitadas. Requírese incrición previa no PMIT.  

PASEOS EN BARCO. Nada mellor que diversificar e coñecer o litoral de Laxe, pero esta vez farémolo en embarcación. Unha experiencia dispoñible o luns 6 e o xoves 9 de agosto dende o peirao de Laxe. Haberá 4 turnos por día: de 10.00 a 11.00, de 11.00 a 12.00, de 12.00 a 13.00 e de 13.00 a 14.00 horas. As prazas dispoñibles na embarcación son cinco por saída. Incrición previa no PMIT.

FÚTBOL. O sábado 11 de agosto ás 18.00 horas o Campo Municipal de Fútbol Cabo da Area viviremos o primeiro cuadrangular de fútbol reLAXEse. Xogarán os anfitrións, SD Laxe, xunto a Club Deportivo Baio, Unión Deportiva Paiosaco e Bergantiños Fútbol Club. Colabora na organización do encontro a SD Laxe.Neste “Verán Activo” tamén haberá lugar para interesantes actividades culturais no Museo do Mar:

PRESENTACIÓN LITERARIA. O venres 10 de agosto ás 19.00 horas teremos o pracer de presentar o libro “José Vidal. Unha vida adicada á fotografía”. Xan Fernández Carrera, recolle nesta obra inédita a vida e obra de José Vidal, a través dun interesantísimo traballo baseado no Fondo Fotográfico Vidal, que, como saben, é o centro e motor do Museo do Mar. O acto enmárcase na celebración do ano 2018 como “Ano Vidal”.

NOVA WEB DE TURISMO. O martes 14 de agosto ás 12.00 horas presentaremos a nova web de turismo de Laxe. Unha web actual, moderna e dinámica, especialmente pensada para cubrir as necesidades e expectativas das persoas que nos visitan.

EXPOSICIÓN DE FOTOS SIC. O luns 16 de xullo ás 17.00 horas inaugurarase unha exposición de fotos do autor Carlos Eiroa. “SIC”, é o nome desta exposición que estará dispoñible para visita ata o 31 de agosto.

Tódalas actividades son gratuítas e contan co apoio económico da Deputación Provincial da Coruña.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.