Ultra Trail “Costa da Morte” 2018

Ultra trail costa da morte 2018

A Ultra Trail Costa da Morte é unha proba de trail running de longa distancia dividida en 7 etapas. Ultras hai moitas e queremos facer algo totalmente diferente. Desde hai un tempo existen as probas por etapas. Hai anos naceron as míticas Marathon deas Sabres, Transalpine Run e outras. Os seus custos e loxística desaniman, en moito casos, á participación.

Entendemos que a Costa da Morte é un lugar privilexiado para celebrar un evento destas características e é por iso que nos embarcamos neste proxecto. Queremos que disfruteis deste deporte que tanto nos apaixona sen descoidar en ningún momento os servizos que debe de ter un evento de leste calibre. Para iso presentamos dous paquetes segundo as vosas necesidades. O que si será importante será participar das ceas de cada etapa. Nelas celebrarase o briefing de cada etapa, mostraranse imaxes de cada día e, o máis importante, coñecerémonos entre todos e compartiremos momentos inesquecibles. De vital importancia será o que a organización reciba feedback diario de vós, os protagonistas. Toda mellora que achegue valor ao evento será tida en conta para a súa análise inmediata ou posterior.

Serán 7 etapas con dificultade, sensacións e paisaxes diferentes. Será toda unha experiencia que poderás gozar de maneira individual ou en equipos de 2 persoas. Será tamén unha aventura onde a túa familia che poida acompañar. Onde poderás devolver o esforzo que o seres queridos fan mentres preparas unha proba ou sales a competir. O percorrido unirá rutas existentes que vertebran a Costa da Morte. Pistas forestais, carreiros, montes, praias, aldeas e pobos mariñeiros conforman un percorrido atractivo para todo deportista amante da natureza.

Trailer Ultra Trail Costa da Morte 2018 from Ultra Trail Costa da Morte on Vimeo.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg