Terra de Soneira asalta o castelo parroquia por parroquia

La terra de soneira asalta el castillo parroquia por parroquia

A organización do Asalto ao Castelo de Vimianzo fai un chamamento á veciñanza da Terra de Soneira para que participe na festa no desfile das Irmandades Parroquiais. Este terá lugar o sábado 7 de xullo á tarde, e para a súa realización son poucas as esixencias: compromiso, ir vestidos de irmandiños e ter ganas de pasalo ben. 

Esta será a quinta edición dun desfile que comezou sendo unha reunión de parroquias do concello e que agora é unha celebración para toda a comarca histórica. O ano pasado reunimos a centos de persoas na vila de catorce parroquias dos concellos de Vimianzo, Camariñas, Laxe, Zas e Cabana. Para esta próxima edición a organización procura mellorar a experiencia, realizando un desfile dinámico, divertido e participativo. 

Para participar, o primeiro é ter un grupo de persoas, sexa por medio dunha asociación ou por libre (mínimo cinco individuos), e representar a algunha parroquia dos concellos de Vimianzo, Zas, Camariñas, Laxe ou Cabana. Unha vez confirmado o grupo hai que poñerse en contacto coa asociación do Asalto ao Castelo, ben a través das redes sociais, correo electrónico info@asaltoaocastelo.org ou do teléfono 669735349. 

Para a organización desta actividade convócase unha reunión informativa este xoves 24 de maio ás 20h30 na Casa da Cultura de Vimianzo.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Costa da Morte Runner: un videoxogo para descubrir o te...

A Costa da Morte xa conta cun videoxogo propio. Costa da Morte Runner é unha nova proposta dixital que convida a percorr...

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.