Unha nova ollada aos profesionais que dan vida á Costa da Morte grazas a Raul Lorenzo

profesionais

O fotógrafo e produtor audiovisual da Costa da Morte, Raul Lorenzo , está inmerso nun interesante proxecto para “poñer cara” aos hostaleiros e demais traballadores vinculados ao mundo do turismo no xeodestino Costa da Morte. Durante estas semanas, Lorenzo está a percorrer os establecementos que forman parte da asociación Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) para retratalos e entrevistalos “no seu medio”. O obxectivo que persegue a iniciativa é o de pór o foco nas persoas que conforman o tecido empresarial dos 16 concellos que conforman a CMAT. 

Hostaleiros, propietarios de establecementos hoteleiros, de servizos, de actividades de turismo activo… a iniciativa tivo unha gran acollida entre eles, que abriron as portas aos seus establecementos para que fosen retratados profesionalmente. Do mesmo xeito, a gran maioría amosouse encantada de “posar” dun xeito ameno e divertido que, sen lugar a dúbidas, representa o espírito amigábel e acolledor dos profesionais de turismo da Costa da Morte. 

Este proxecto complementa así unha serie de iniciativas organizadas pola CMAT para fomentar un turismo de proximidade e de calidade, sempre garantindo as medidas oportunas de seguridade e hixiene. Nesta liña, falabamos hai uns días da viaxe que está a realizar o blogger especializado en turismo Alvientoo que está a percorrer Costa da Morte coa intención de dar a coñecer entre os seus seguidores o territorio. Tamén forma parte do plan de acción para este 2020 a elaboración de paquetes turísticos por conta de Naturmaz Viaxes, e que nos vindeiros días materializarase nun completo sorteo nas redes sociais da CMAT. 

Esta iniciativa, que forma parte das actividades plantexadas polo ente xestor do xeodestino neste 2020, é posible grazas ao convenio asinado con Turismo de Galicia para a promoción turística. 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.