Aberto o prazo de presentación de candidaturas para albergar o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte

Este ano, o encontro organizado pola CMAT co cofinanciamento de Turismo de Galicia e o apoio da Deputación da Coruña, celebrarase o 12 de novembro O Encontro Anual de Turismo é unha das actividades enmarcadas dentro do convenio entre a CMAT e Turismo de Galicia, que será asinado neste mes de setembro
Presentacion candidaturas iv encontro turismo costa da morte es 1725361495

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Costa da Morte, que celebra a súa cuarta edición o día 12 de novembro entre as 17:30 e as 20 horas.

As empresas do sector turístico da Costa da Morte que teñan interese en acoller este evento poden presentar a súa candidatura ata o 17 de setembro.

Este importante evento está enmarcado dentro das actividades incluídas no convenio de colaboración que a CMAT e Turismo de Galicia asinarán neste mes de setembro. O encontro tamén conta co apoio da Deputación da Coruña. Como novidades na edición deste 2024 do Encontro Anual de Turismo, a organización poñerá todo o seu esforzo para levar adiante unha exposición de artesanía. Ademais, durante o evento tamén se expoñerán as fotografías finalistas do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe, que continúa aberto á participación do público ata o 30 de outubro ás 23:59h.

Un evento cada vez máis asentado

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte ten como obxectivo ser un punto de encontro dos axentes públicos e privados do territorio. Axentes que traballan cada día para mellorar o destino turístico da Costa da Morte. A andadura deste encontro comezou no ano 2021 no Parador Costa da Morte, en Muxía. As seguintes edicións foron en Costa Caión (Caión, A Laracha) e na Torre de Laxe (Laxe).

O encontro deste ano 2024

O IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte aspira a ser un espazo para poñer en común os éxitos acadados neste ano, intercambiar novas ideas e propostas e facer crecer o xeodestino cunha visión sostible a nivel económico e social.

As candidaturas interesadas terán que cumplir unha serie de requisitos, entre os que se atopan os seguintes:

  • Estar localizado na Costa da Morte
  • Aforo mínimo de 150 persoas (valorable ata 200)
  • Experiencia neste tipo de eventos
  • Dispoñibilidade de datas e horas

resto de requisitos e as características específicas do evento pódense consultar na web da CMAT a través da seguinte ligazón.

Presentación das candidaturas

Para os establecementos interesados, o prazo de presentación das candidaturas remata o 17 de setembro de 2024. A presentación da candidatura farase a través do envío deste anexo descargable que deberá ser enviado coa documentación complementaria que cada establecemento considere necesario e que poida axudar á CMAT a realizar as valoracións que estime oportunas ao seguinte correo electrónico: admincmat@visitacostadamorte.com.

Unha vez valoradas as candidaturas recibidas, a CMAT contactará coas empresas para analizar os diferentes aspectos das súas propostas e seleccionar a máis adecuada para o evento. Neste sentido e na medida do posible, procurarase organizar o encontro nun concello que non acollera o evento previamente.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.