“Pintar na Rua” en Malpica 2018

Pintar na rua en malpica 2018 1531385303

Ao longo do mes de agosto desenvolverase a quinta edición de “Pintar na rúa”, un proxecto de rexeneración urbana que ten a particularidade de que son os nenos e as nenas os que traballan, dirixidos por profesionais das artes plásticas. Este ano a monitora do taller será a carballesa Emi das Heras, que participou en proxectos como Derrubando Muros con Pintura.
Malpica, que foi décadas atrás un concello pioneiro na Costa da Morte no tratamento artístico de espazos degradados, leva impulsando este tipo de talleres artísticos desde o verán do 2014, transformando diferentes espazos urbanos nun enorme lenzo no que os nenos e nenas deron renda solta á súa creatividade.
Este verán os participantes seguirán enchendo de cor os muros da vila divididos en dous grupos en función das súas idades. Os nenos e nenas de 6 10 anos pintarán de luns a venres de 11.00 a 12.15 horas, e os de 11 a 14 anos, de 12.30 a 13.45 horas. Ademais, e dado o éxito das anteriores convocatorias, para que poida participar o maior número de artistas posible, este ano haberá dúas quendas de “Pintar na rúa”, un do 1 a 14 de agosto e outro do 16 ao 29. O prazo de inscrición está aberto ata o día 30 deste mes. As familias que queiran máis información ou anotar aos seus fillos e fillas teñen que dirixirse ao departamento de Educación, Cultura e Turismo, situado no primeiro piso do Centro Cívico, ou chamar ao 981 707 104, en horario de 09.30 a 13.00.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.