O Concello de Zas reparte 2.500 euros na III Mostra de Teatro “Labarta Posse”

O ayuntamiento de zas reparte 2500 euros en la iii mostra de teatro labartaposse 1516788710

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Zas organiza a III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coa que pretende, por unha parte, fomentar a cultura especialmente no eido das artes escénicas e, por outra, favorecer o teatro feito en Galicia e en galego. Nesta edición, incorporouse o nome de Labarta Pose para conmemorar a figura do escritor baiés.  No certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro da comunidade e, como novidade, este ano está aberto tamén a persoas naturais ou xurídicas tanto públicas como privadas.

Inscricións e premios

Unha vez que se publiquen as bases do concurso no Boletín Oficial da Provincia – BOP -, que será nos vindeiros días, queda aberto o prazo de inscrición que se prolongará até o vindeiro día 1 de marzo. Para participar é necesario anotarse presentando a documentación pertinente así como os anexos que acompañan ás Bases debidamente cumprimentadas. O xurado, composto por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius, seleccionará os cinco espectáculos finalistas que serán os que se representen os días 21 e 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio distribuídas entre o auditorio do pavillón de Baio e o auditorio da Casa do Concello de Zas. A entrega de premios terá lugar o domingo 27 de maio.

Outra das novidades desta terceira edición son os premios. Nesta ocasión, o Concello de Zas destina 2.500€ que distribuirá entre cada unha das cinco obras finalistas as cales recibirán 500€. Tamén haberá premio para a mellor obra elixida polo xurado (trofeo e diploma acreditativo), premio ao mellor actor e á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo) e premio á mellor obra elixida polo xurado (trofeo e diploma acreditativo).

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.