“O Concello de Zas prepara unha mostra de traxe tradicional nas Torres do Allo”
A Concellería de Cultura do Concello de Zas organiza, en colaboración coa Deputación da Coruña, e coa participación especial da Asociación de Baile Tradicional Churía; unha mostra de traxe tradicional que poderá visitarse no interior do Pazo do Allo. Baixo o título “Mostra do Traxe Tradicional da Terra de Soneira“, pezas orixinais do século pasado, reproducións, fotografías antigas, recollidas audiovisuais, e traxes completos estarán ao alcance do público na sala polivalente do pazo dende o 24 de marzo ata o 29 de abril en horario de apertura do monumento.
A Asociación Churía achega os materiais que poderán verse nesta exposición centrada nas particularidades da vestimenta tradicional deste territorio. Unha labor de busca, conservación e posta en valor inestimable, conseguindo pezas únicas de fondos privados que se poderán ver por primeira vez nesta mostra. Comeza así o programa de actividades especiais do 2018 deseñadas polo Concello para as Torres do Allo. A exposición permanecerá aberta durante toda a Semana Santa. A entrada á mostra e as actividades complementarias serán de balde
“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...
A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...
A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...
A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...
O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...
CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...
Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...
Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...
A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...
A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...
A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da Costa da M...
Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer o intercambio de e...
A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...
A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...
A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...
O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...
A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...
A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
Mantente ao día
Newsletter Costa da Morte
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!