A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte

A nova páxina web, na que se leva traballando nos últimos meses, significará unha importante mellora no posicionamento e na imaxe da Costa da Morte en internet
nova web cmat

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) durante o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrará o próximo 12 de novembro no Pazo de Trasariz, en Vimianzo, ás 18 horas.


A nova web, creada por unha empresa do sector tecnolóxico da Costa da Morte para a CMAT, estará dispoñible a partir do propio día 12 de novembro. É unha web na que as diferentes partes implicadas levan traballando meses e que mellorará tanto a imaxe de marca da asociación e da Costa da Morte como a dispoñibilidade da información turística do territorio en internet.

Unha web de referencia sobre a Costa da Morte

Para o presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, este novo espazo web «supón un cambio radical para o posicionamento da Costa da Morte e da imaxe da CMAT en internet. Falamos dunha páxina máis áxil, escalable e moderna.

Desenvolvida por unha axencia tecnolóxica da Costa da Morte e co traballo do escritor local Víctor Fernández Álves nos textos, a nova plataforma ten como obxectivo facilitar a exploración da Costa da Morte de forma intuitiva e accesible».

A información da antiga web foi trasladada e organizada para mellorar a experiencia dos usuarios que buscan na Costa da Morte un destino turístico de calidade. Algunhas das melloras con respecto á versión antiga da web da CMAT inclúen unha forte reorganización de contidos, a modernización do deseño, a mellora da usabilidade ou a creación dunha newsletter na que as persoas se poderán inscribir para recibir informacion relacionada cos eventos de interese turístico que se levan a cabo na Costa da Morte.

Esta nova web é, polo tanto, un reflexo do compromiso da CMAT co desenvolvemento da Costa da Morte e do seu turismo. Un traballo conxunto de diferentes profesionais da Costa da Morte para mellorar a imaxe do territorio en internet.

A web será presentada de xeito oficial durante o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte nun acto no cal se presentarán máis en detalle as melloras da nova web.

Mentres tanto, as persoas interesadas poderán subscribirse á newsletter a través da seguinte ligazón: visitacostadamorte.com

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.