Malpica sabe a mar

Malpica sabe a mar

A ruta de tapas “Malpica sabe a mar” impulsa o sector hostaleiro no primeiro fin de semana do outono

O balance é moi positivo, sobre todo tendo en conta que a ruta coincidiu co primeiro fin de semana do outono e a finais de mes. Dá gusto ver tanto ambiente en Malpica nesta época.

Despois de dúas edicións, e aínda que sempre hai aspectos que mellorar, parece que o modelo de “Malpica sabe a mar” funciona. Esta iniciativa da Concellería de Promoción Económica diferénciase doutras semellantes en que todas as tapas están elaboradas con produtos do mar. Deste xeito, os clientes dos locais puideron degustar chipirón, chopo, bacallau, polbo, ameixas, mexillóns e mesmo percebes en moi diversas elaboracións e por só 1,5 euros. Ademais do prezo, en “Malpica sabe a mar” tamén se promociona a Olería de Buño, ao utilizar pratos elaborados artesanalmente con barro. E un terceiro aspecto que contribúe ao éxito son os premios: botellas magnum, bolsas, camisetas, mandiles, tapas. Este ano repartíronse case 800 premios.

A ruta de tapas contou este ano cun programa de actividades paralelas organizadas pola Concellería de Educación, Cultura e Turismo e o propio sector da hostalería. Deste xeito, o sábado pola mañá celebrouse a Ruta do Renacemento, que levou aos 25 participantes (as prazas eran limitadas e quedou xente en lista de espera para outra futura visita) á igrexa e ás Torres de Mens. Guiados pola técnica de Turismo do Concello de Malpica, María Taibo, e polo propietario das torres, Agustín Ordóñez, que se mostrou unha vez máis como un excelente anfitrión, estas 25 persoas tiveron a oportunidade de coñecer dúas xoias do patrimonio malpicán. As explicacións foron tan detalladas e os visitantes mostraron tanto interese que a visita ao Ecomuseo Forno do Forte� xa non puido levar a cabo e realizarase noutra data.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg