Aberta a inscrición ao Encontro Anual de Astroturismo 2024 na Costa da Morte

Evento Presentación Starlight 5

O evento celebrarase en Cee dos días 1 ao 4 de outubro

A Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT) espera que o evento sexa un revulsivo a nivel turístico para toda a contorna

A Fundación Starlight ven de anunciar a apertura das inscricións para o Encontro Anual de Astroturismo. Como xa foi anunciado hai dous meses, este importante encontro internacional será celebrado na Costa da Morte, concretamente en Cee, entre os días 1 e 4 de outubro deste ano 2024.

50 ponentes, 4 mesas redondas e 200 participantes

Durante os días que durará o encontro, celebraranse interesantes mesas redondas que contarán coa participación de persoas expertas en diversos eidos científicos, como Rafael Rebolo, director do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) e investigador do CSIC ou Antonia M. Varela, directora da Fundación Starlight e Doutora en Astrofísica.

As conferencias, para as cales xa están abertas as inscricións, serán as seguintes: «Los valores del astroturismo»; «Astroturismo: Un instrumento para la sostenibilidad y para mitigar el cambio climático»; «Astroturismo y Desarrollo Económico Local»; «Educación, Capacitación y Difusión».

Ademais, o VII Encontro Internacional Starlight de Astroturismo coincidirá coa II Conferencia Internacional Starlight.

Unha gran oportunidade para a Costa da Morte

O Encontro Anual Starlight de Astroturismo é un evento de gran importancia a nivel tanto turístico como astronómico que permite a diferentes profesionais e expertos intercambiar experiencias relacionadas co astroturismo e establecer pautas para o futuro. Por estas razóns, o feito de celebralo na Costa da Morte é un fito de gran importancia para o territorio.

A elección da Costa da Morte como sede para este encontro supón unha gran oportunidade para todo o xeodestino en conxunto, pois se trata dun evento que reunirá a moitas persoas que terán a ocasión de visitar diferentes puntos emblemáticos da Costa da Morte.

Máis información: https://encuentroanualstarlight.fundacionstarlight.org/es/el-encuentro-anual-starlight-de-astroturismo/#sobre-el-evento

Inscricións online ata o 20 de setembro: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe1Lm5Dhu922yyFsOtq2QDZsVSYKY6OojoClxJtzgCKa3CWqA/viewform

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.