O III Encontro de Turismo da Costa da Morte consolídase como a festa do turismo do xeodestino

III Encuentro de Turismo Costa da Morte

Máis de 140 asistentes, entre representantes dos 17 concellos, empresas asociadas a APTCM e diferentes entidades de turismo na Costa da Morte, participaron hoxe en Laxe nesta cita anual do sector.

O catedrático baiés da USC Jorge Mira recibiu o premio ‘Embaixador    da Costa da Morte 2023’, que a CMAT entrega este ano por primeira vez.

“É inspirador ver á CMAT como lidera iniciativas que marcarán o camiño cara o crecemento sostible”, destacou o director de Turismo de Galicia.

Jorge Mira: “O premio é un privilexio que comparto con toda a comunidade”.

ZAS. 28/11/2023. A Costa da Morte, celebrou esta tarde o III Encontro de Turismo de Costa da Morte, no Complexo Turístico A Torre de Laxe. A esta cita anual achegáronse 140 participantes, representantes dos 17 concellos vinculados a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), a Asociación de Profesionais Turísticos da Costa da Morte (APTCM), e entidades e empresas vinculadas ao turismo na Costa da Morte. O III Encontro de Turismo de Costa da Morte, marco no se que fixo entrega por primeira vez do premio Embaixador da Costa da Morte a o catedrático Jorge Mira, consolídase como a festa co turismo do xeodestino.

O presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muíño, inaugurou a xornada dando unha cálida benvida aos participantes. “É un honor dar inicio a este evento que simboliza a unión e o esforzo conxuntos para potenciar o turismo na Costa da Morte. Este encontro é a expresión viva da colaboración que define á CMAT”, expresou Muíño, quen se amosou optimista sobre o porvir do sector turístico do xeodestino.

A continuación, o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, tivo tempo para compartir as súas reflexións sobre o futuro do turismo en Galicia e na Costa da Morte. “Estamos ante un momento crucial para o turismo, e é inspirador ver á CMAT liderar iniciativas que marcarán o camiño cara a un crecemento sostible”, comentou Merelles.

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destacou a relevancia dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino no territorio. “A planificación sostible é esencial para salvar a beleza da Costa da Morte; este encontro é un paso adiante nesa dirección”, afirmou Regueira. 

Marta Rodríguez, da Secretaría Técnica da CMAT, compartiu a evolución do destino e a traxectoria da asociación. “Cada paso que damos é froito dun esforzo colectivo. A CMAT enorgullécese de que, despois de anos de esforzo e traballo en conxunto, se vexa clara a contribución do ente ao desenvolvemento turístico do territorio”, expresou.

Posteriormente, Emilio Cuíñas, de Autoxiro, expuxo o proceso e resultados da implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) na Costa da Morte. “Representa un paso significativo cara á excelencia turística, evidenciando o compromiso de todo o sector coa calidade e o traballo en rede”. Nuria P. Espasandín, de Toxio.gal, falou sobre as novas fórmulas de promoción de destinos en liña que “están á nosa disposición e só toca aproveitalas ben, pensando no público, vendendo emocións que poidan chegar a deixar pegada”. Óscar Blanco, de Trevinca Skies, ofreceu os seus coñecementos sobre astrofotografía e astroturismo, e as inmensas posibilidades que ten este produto no destino. “Explorar os ceos da Costa da Morte a través da do astroturismo é abrir as portas a un universo de experiencias únicas.”

O secretario da CMAT e presidente de APTCM, Pepe Formoso, concluíu a xornada destacando o papel fundamental do asociacionismo empresarial no desenvolvemento turístico do xeodestino. “A unión fai a forza, e só co asociacionismo lograremos avanzar no turismo da Costa da Morte. Imos polo bo camiño pero os empresarios tamén precisamos da unión coas administracións locais e autonómicas. Temos que ir todos da man”, afirmou Formoso.

 

Embaixador da Costa da Morte 2023

A entrega, por primeira vez, do recoñecemento Embaixador da Costa da Morte 2023, a cargo da alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez, “foi un momento emocionante”, no que se recoñeceu o labor destacado do catedrático baiés Jorge Mira, polo seu “compromiso coa terra e incansable traballo a prol do desenvolvemento turístico da Costa da Morte e a súa proxección internacional”. “Este recoñecemento como Embaixador da Costa da Morte é un privilexio que comparto con toda a comunidade”, destaco Jorge Mira. “Sempre é unha honra recibir un premio, pero máis aínda na miña terra, no meu fogar, e sendo o primeiro en acadalo; estou orgulloso e agradecido de poder contribuír ao esforzo colectivo por potenciar o desenvolvemento turístico do xeodestino e proxectar internacionalmente o nome da Costa da Morte”, engadiu emocionado o premiado.

O galardón foi este ano 2023 unha peza senlleira, realizada polo ceramista Nacho Porto, inspirada nos cornos e coa función de altofalante, elaborada cunha fórmula matemática en colaboración coas tres Universidades galegas. “O propósito é que o obsequio sexa diferente cada ano, coa intención de poñer en valor e darlle visibilidade aos artesáns e artesás da Costa da Morte e ao patrimonio artístico e etnográfico do territorio”, destaca a CMAT.

O evento foi clausurado polo alcalde anfitrión, José Luis Pérez Añón, rexedor de Laxe, quen agradeceu a asistencia a todos os participantes á vez que gabou a impecable acollida da celebración por parte do Complexo Turístico A Torre de Laxe. “A nosa vila está encantada de acoller o III Encontro de Turismo da Costa da Morte, e agardo con entusiasmo que continuemos a tecer esta rede colaborativa a través da CMAT, consolidando así a nosa unión para o progreso e a prosperidade turística do noso territorio”.  

O III Encontro de Turismo da Costa da Morte rematou cun cóctel que propiciou a conversa e o fortalecemento da unión do sector.  Un ano máis esta cita reafirma o compromiso do sector no turismo na Costa da Morte e no seu desenvolvemento sostible.

 

A actividade foi organizada pola CMAT e contou co cofinanciamento da Xunta, a través dun convenio con Turismo. 

+ info: Costa da Morte Asociación Turística

Gabinete de Prensa da CMAT. 679.486.961

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...

A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 20...

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha ...

Únete ao novo canal de Telegram da Costa da Morte

Descubre unha nova forma de estar conectado coa Costa da Morte a través de Telegram, unha app de mensaxería que é moito ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.