Escapalandia, a primeira familia da campaña #CostaDaMorteEnFamilia

escapalandia

Escapalandia inaugurou a campaña #CostaDaMorteEnGalicia, promovida pola CMAT con fondos da Deputación da Coruña. Esta campaña está organizada por Eva Abal e Dani Keral, dous bloggers de viaxes profesionais, e cuxo obxectivo é dar a coñecer Costa da Morte como destino familiar, sobre todo, para motivar ás familias galegas a visitar os diferentes concellos para descubrir a súa diversidade patrimonial, natural e cultural.

 

Esta campaña contará con catro familias que realizarán catro escapadas pola Costa da Morte ata ouctubro, polos diferentes concellos. A primeira familia bloguera é Escapalandia, un blog cunha gran comunidade de seguidores conformada por familias que medraron cos seus fillos, con mais de 100.000 visitas mensuais. 

Escapalandia disfrutou dun recorrido por catro concellos de Costa da Morte dende o 31 de xullo ata o 1 de agosto. Os concellos polos que paso a súa historia son Mazaricos, Carnota, Cee, Dumbría e Vimianzo. Por este recorrido puideron disfrutar de paraxes naturais, salpicados de rocas con diferentes formas, pobos atlánticos rodeados de altas cumbres, antigos muíños, e todo iso cos seus fillos. Porque Costa da Morte é un destino familiar cheo de aventuras e diferentes actividades.

A ruta que recorreron pasa por diversos e maravillosos lugares de Costa da Morte:

Mazaricos

  • Fervenzas en Mazaricos: neste concello de interior diferentes arroios forman fervenzas. Podedes atopar Fírvado, Santa Locaia, Noveira, Vioxo-Chacín ou Gosolfre.
  • Mirador do Enxilde: tamén no concello de Mazaricos. Aquí podedes disfrutar dunhas preciosas vistas a pastos e campos verdes co embalse xunto ao Monte Pindo. 
  • Naturmaz: neste mismo concello podedes atopar este parque de aventuras. Perfecto para que disfruten os peques con ganas de movemento, xa que teñen actividades náuticas, escalada, circuito de altura, tiro con arco e moitas mais.

Vimianzo

  • Penedos da Cachucha: ademais dunhas grandes moles de roca con distintas formas, podedes atopar unhas vistas maravillosas sobre todo o entorno. Ademais, gracias aos paneis ao pe de cada unha das figuras os mais pequeos poden aprender identificándoas. É un percorrido circular de 6,5 kilómetros que non debedes perder se viaxades por Costa da Morte.
  • Batáns do Mosquetín: os muíños e batáns do mosquetín teñen unha historia vinculada ao aproveitamento da auga. Pódense visitar todo o ano e disfrutar aprendendo en visita guiada nos meses de verán. 
  • Castelo Medieval: o icono de Vimianzo e maravillosamente conservado. Dentro podedes ver artesáns traballando nel e disfrutar de actividades turísticas e culturais que se realizan nel.

Carnota

  • Mirador de Louredo: ademais dunhas maravillosas vistas panorámicas do entorno, podedes atopar un merendeiro e un bosque de árbores mortas decoradas con motivos de color por Nando Lestón.
  • Praia de Carnota: uns 7 kilómetros de lonxitude pasando por Boca da Rís, con rocas e pozas en marea baixa, chiringuito e área recreativa con parque infantil. 
  • O Pindo: unha tranquila poboación onde parar e disfrutar da posta de sol. 

Dumbría

  • Mirador de Ézaro: no entorno da cascada que desemboca directamente ao mar. 
  • Centro de Interpretación: parada obrigatoria para descubrir algunhas curiosidades sobre o paraxe ou pedir información das rutas de senderismo.

Cee

  • Lires, Gures e Leiriña: pequenas praias escondidas. 

 

Se queredes botar un ollo a todo o recorrido e á experiencia de Escapalandia podedes facelo na entrada do seu blog.

 

A próxima familia en disfrutar da experiencia de Costa da Morte é Antonautas na lagosfera, cun blog centrado nos seus viaxes e excursións a lugares cercanos e accesibles. Podedes seguir a súa experiencia o 25 e 26 de setembro nas súas redes sociais e nas de @visitacostadamorte, e tendes toda a información acerca da campaña noutra entrada do noso blog. 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.