Trinta e cinco entidades da Costa da Morte reciben a distinción de Calidade Turística SICTED en Baio

Entrega de diplomas SICTED Costa da Morte

A Asociación de Turismo de Costa da Morte (CMAT) entrega os diplomas que recoñecen a boa labor destas entidades no eido turístico

Xa está aberto o período de inscrición para as entidades que se queiran adherir nesta anualidade

ZAS, 22/03/2024. As 35 entidades recoñecidas coa distinción do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino Costa da Morte participaron no acto de entrega dos diplomas SICTED organizado pola CMAT e celebrado no centro sociocultural de Baio (Zas) este xoves 21 de marzo.

Durante o acto, ademais da entrega dos diplomas ás entidades, tamén houbo tempo para destacar a importante labor que se está a realizar na Costa da Morte no ámbito do turismo.

Un traballo público e privado conxunto

O acto foi inaugurado coa intervención de Manuel Muíño, presidente da CMAT e alcalde de Zas, que resaltou unha vez máis a importancia de que tanto o sector público como o privado remen conxuntamente e con continuidade para poder chegar a esa meta de desenvolver a Costa da Morte como un destino turístico diferente, potenciando as súas fortalezas: «É importante destacar a integración dos proxectos SICTED e de astroturismo. Neste sentido, o SICTED pode servir de vínculo entre os actores turísticos locais públicos e privados. Deste xeito, pódese cooperar no deseño e desenvolvemento das actividades que serven para o progreso turístico da Costa da Morte, como o VII Encontro Internacional Starlight».

Precisamente neste evento internacional a CMAT traballará na coordinación das actividades e compoñerá o seu programa social, no cal terán prioridade de participación aquelas empresas e servizos turísticos públicos membros da CMAT e de APTCM e, en especial, aqueles que participan activamente nas actividades promovidas pola CMAT, sobre todo no SICTED e tamén os Monitores e Monitoras Starlight.

A segunda intervención veu a cargo do vicepresidente da Deputación de Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, que tamén quixo subliñar a importante labor que están a desempeñar estas 35 e outras entidades que cada día se esforzan por mellorar a marca turística de Costa da Morte. Tamén quixo aproveitar parte da súa intervención para dar os parabéns á CMAT por «iniciar ese camiño de aposta pola calidade turística».

A continuidade do SICTED na Costa da Morte

Dentro do evento tamén houbo lugar para as intervencións de Marta Rodríguez, membro da secretaría técnica da CMAT e tamén Xestora SICTED no territorio da Costa da Morte e de Emilio Cuíñas, director de Autoxiro e consultor SICTED. Ambos destacaron aspectos técnicos relacionados co Sistema Integral de Calidade Turística en Destino Costa da Morte.

Marta Rodríguez aproveitou para salientar a importancia do papel das entidades turísticas: «Ademais do apoio por parte da CMAT e da Deputación da Coruña, hai que recoñecer o gran esforzo de todas as persoas que hoxe ides recoller este recoñecemento, porque hai que dedicarlle moito tempo, autocrítica e compromiso coa calidade turística».

Emilio Cuíñas, pola súa banda, adiantou información sobre a planificación cronolóxica do SICTED Costa da Morte para esta anualidade 2024. Neste sentido as entidades xa distinguidas pasarán a un segundo ciclo e tamén se abrirá un n­ovo período de adhesión ao Ciclo 1 para novas empresas e outros servizos turísticos. O obxectivo é desenvolver este proxecto entre abril e novembro de 2024.

Tras a entrega oficial dos diplomas que recoñecen a boa labor destas entidades no eido turístico, Pepe Formoso, presidente da Asociación de Profesionais e Empresarios do Turismo da Costa da Morte (APTCM), clausurou o acto cun discurso para reivindicar a capacidade de traballo e as boas sinerxías do sector privado para poñer en valor o territorio da Costa da Morte a nivel turístico: «Xa somos uns 170 socios, seguimos crecendo, e actualmente estamos traballando desde APTCM nunha segunda edición de Meses con R».

Aberto o prazo de inscrición para a nova anualidade

Xa está aberto o período de inscrición para as entidades que se queiran adherir nesta anualidade ao SICTED. Toda a información sobre o procedemento, os prazos e demais pódese atopar na web da CMAT. Para poder solicitar a adhesión ao SICTED por parte de restaurantes, artesáns e artesás e comercio de artesanía local –ademais dos oficios xa representados–, é necesario facelo a través da seguinte ligazón: https://www.calidadendestino.es/Contenidos/AdhesionSistema.aspx

Vídeo do evento: https://youtu.be/nNz3HNuKdbI

+ info: Costa da Morte Asociación Turística – Gabinete de Prensa da CMAT. 623 29 77 99

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.