Esta semana fixemos público o dossier de promocións para eventos deportivos do programa “Costa da Morte Turismo + Deporte”. Esta iniciativa impulsada pola CMAT co apoio da Deputación da Coruña busca mellorar o atractivo turístico da zona vinculándoo ca multitude de eventos deportivos que se organizan nos diferentes concellos pertencentes ao xeodestino.
No dossier pódense atopar descontos en aloxamentos e actividades especiais orientados aos deportistas que veñen competir a Costa da Morte, así coma os seus acompañantes. Para desfrutar das ofertas deberán identificarse como participantes ao realizar a reserva no establecemento escollido mediante un dorsal ou outro tipo de acreditación. O prezo especial aplicará á fin de semana completa dentro da que se celebre o evento en cuestión.
Algunhas das empresas adheridas son Adventurézaro; que oferta rutas en kaiak ou Naturmaz; onde desfrutar dunha partida de paintball ou da tirolina máis longa de Galicia. Entre os establecementos hoteleiros atopamos dende íntimas casas rurais coma Casa de Verdes en Cabana de Bergantiños ou Casa A Canteira en Vimianzo a hoteis coma Playa de Laxe.
O dossier está dispoñíbel para descarga ou consulta a través do seguinte enderezo:https://www.visitacostadamorte.com/ga/pro/competitividade/sport-