Galicia, turismo rural e seguro. Reflexións sobre o Día Mundial do Turismo ante un ano incerto

diaturismo

Este 27 de setembro volvemos celebrar o Día Mundial do Turismo e precisamente Costa da Morte faino posicionándose como un destino seguro para todas as persoas que se atreven a visitalo, tal e como destacou esta semana o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión coa directiva do Clúster de Turismo de Galicia.

Neste acto destacouse a importancia de Galicia precisamente como un destino seguro, nun ano no que todos os requisitos están marcados por este principio e o obxectivo era fortalecer a marca Galicia, e con ela a Costa da Morte, como destino de calidade no que non se perde a tranquilidade dos viaxeiros na situación actual.

Esta reactivación e énfase na confianza na nosa terra como destino seguro e competitivo está intimamente ligada a outro interesante debate que xorde, esta vez, da man da propia Organización Mundial do Turismo. E é que a OMT baixo o lema “Turismo e desenvolvemento rural” destaca este ano, en benvida ao Día Mundial do Turismo, nas capacidades e alto potencial que as áreas rurais teñen dentro do sector.

Abrir oportunidades fóra das grandes cidades” é o novo reto que hai que afrontar e desenvolver comunidades esquecidas que teñen moito que ofrecer e contar. Deste xeito, “o turismo xoga un papel fundamental na preservación e promoción do patrimonio cultural e natural do mundo”.

E é precisamente aquí, onde Galicia ten que poñer e porá todas as súas enerxías. Ao seguir coidando a súa singularidade, o seu patrimonio e as súas tradicións e ofrecéndoo no seu estado máis puro a todas as persoas que pasan por aquí ano tras ano e levan consigo unha gran experiencia turística calquera que sexa o día do ano que nos visitan.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.