Search
Close this search box.

Costa da Morte Turismo + deporte chega ao seu meridiano co II Challenge Junior de Carballo incluíndo unha ampla oferta de servizos e beneficios para os participantes

Imagen Por Defecto Posts

Esta iniciativa quere promover o turismo deportivo no xeodestino Costa da Morte

Participantes e acompañantes poderán beneficiarse de descontos especiais e actividades complementarias ao evento deportivo

 

 

Este programa, promovido pola CMAT ca participación da Deputación da Coruña busca converter a Costa da Morte nun referente na organización de actividades deportivas para tódolos públicos e disciplinas. Despois do éxito da IX Carreira de Vimianzo do pasado sábado 31 de marzo, é a quenda da II Challenge Junior de Carballo, organizada polo Club Ciclista Carballo.

 

As tres etapas desenvolveranse entre o sábado 6 e o domingo 7 en diferentes escenarios privilexiados do concello, como a praia de Razo ou o Monte Neme. Para facer máis atractiva a oferta turística, a Asociación de Turismo CMAT organizou un programa en colaboración cunha vintena de establecementos da zona que pretende ofrecer unha experiencia integral aos participantes e as persoas que os acompañen.

 

O plan inclúe descontos en catorce establecementos de aloxamento de todo tipo, dende hoteis a casas rurais, e ducias de actividades de turismo activo con rebaixas dun 20% sobre o seu prezo; coma bautismos de surf ou paintball. E para rematar a proposta, dúas actividades de balde para desfrutar do Carballo máis moderno e cultural: o festival de contidos dixitais Carballo Interplay e a visita guiada ao proxecto de arte urbana “Derrubando muros con pintura”.

 

E cal é a vindeira data de Costa da Morte Turismo + deporte ? A Carreira Vikinga de Carnota do próximo 21 de abril, que promete reunir aos afeccionados do running da comarca e de toda Galicia.

 

O obxectivo final do programa é afianzar a Costa da Morte coma destino de turismo activo, ao tempo que se presenta coma un xeodestino onde conflúen actividades e experiencias para tódolos públicos e intereses.

 

Adxunto: Dossier de actividades e descontos

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg