Costa da Morte leva a súa experiencia como Destino Turístico Starlight ao VI Encontro Internacional Starlight que se celebra en Cuenca

Costa da Morte lleva su experiencia como Destino Turístico Starlight al VI Encuentro Internacional Starlight que se celebra en Cuenca

Marta Rodríguez, do equipo da Secretaría Técnica de Costa da Morte Asociación Turística, detallou o longo camiño percorrido para obter o Certificado Destino Turístico Starlight e lembrou que os concellos do territorio traballan xa na redución da contaminación luminosa e nunha rede de miradoiros estelares.

A cita internacional dos profesionais do astroturismo, no que a Costa da Morte foi o único destino presente do noroeste peninsular, deu voz a outras iniciativas líderes no turismo de estrelas ao redor do mundo.

Costa da Morte, as estrelas desde a fin do mundo. Este foi o título da conferencia que impartiu esta tarde Marta Rodríguez, do equipo da Secretaría Técnica de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) no VI Encontro Internacional Starlight, que se celebra na cidade de Cuenca desde hoxe (18/10/2023) e ata o próximo venres (20/10/2023). Costa da Morte é o único destino do noroeste peninsular que terá a oportunidade de expoñer a súa experiencia nesta cita, referencia mundial dos profesionais vinculados ao astroturismo e na que están presentes outros destinos Starlight certificados do territorio español e representantes de países líderes no turismo das estrelas.

“A participación neste encontro é unha oportunidade única para situar a Costa da Morte no mapa internacional do turismo de calidade”, destaca o presidente da Costa da Morte Asociación Turística, Manuel Muíño, tamén alcalde de Zas. Pola súa banda, o presidente da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), Pepe Formoso, lembra a oportunidade que representa darlle voz ao destino Costa da Morte nesta cita do astroturismo: “Seguindo un proceso modélico para obter o distintivo Destino Turístico Starlight, logramos facernos un oco no turismo das estrelas, a través do cal poder divulgar todo o patrimonio natural e cultural do noso territorio, e non só o ceo nocturno e as estrelas senón, sobre todo, os nosos espectaculares solpores”.

Na súa exposición no auditorio do Museo Paleontolóxico de Castilla-La Mancha, en Cuenca, Marta Rodríguez detallou a experiencia da Costa da Morte para obter a Certificación Destino Starlight, iniciado a finais do ano 2021, cun acordo unánime da asemblea xeral da CMAT e rematado en xaneiro de 2023 en FITUR, onde os representantes da Costa da Morte Asociación Turística recibiron o certificado Destino Turístico Starlight de mans de Antonia Varela, presidenta da Fundación Starlight.

Claves e obxectivos

Marta Rodríguez enumerou as claves para obter ese recoñecemento na Costa da Morte: “Calidade do ceo nocturno; compromiso político e empresarial xunto coa presenza dun ente xestor; estratexia de xestión, coordinación e planificación; un destino turístico consolidado e o apoio da comunidade científica”.

Falou tamén dos traballos nos que están inmersos os 17 concellos que integran a CMAT e a iniciativa privada, liderada por APTCM, para seguir dando pasos en prol do afianzamento no eido do astroturismo. Destacou dúas iniciativas estratéxicas que xa están en marcha: “o impulso cara a concienciación dos concellos no tocante á redución da contaminación luminosa, a través da iluminación pública intelixente, así como a valoración de aprobar, nun futuro, ordenanzas municipais que regulen o alumeado público tendo en conta parámetros que coiden da calidade do ceo nocturno”, e a “elaboración dun estudo inicial sobre unha rede de miradoiros estelares, en colaboración cos dezasete concellos que integran o xeodestino e o grupo de monitores astronómicos que se formou no curso impartido pola Fundación Starlight no mes de abril en Vimianzo”.

Foi un orgullo para a Costa da Morte Asociación Turística que fose a propia Directora da Fundación, Antonia Varela, quen eloxiara o bo traballo da entidade, situándoa como referente no Encontro pola posta en marcha de iniciativas tan importantes como a profesionalización do sector a través do curso de Monitores Astronómicos Starlight, a creación da Mesa Starlight o pasado mes de setembro con integrantes da CMAT, Universidade, Turismo de Galicia e Deputación da Coruña, e a xornada de sensibilización para municipios no tocante á contaminación luminosa, que se está a organizar para ser celebrada o próximo mes de novembro.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.