Grazas ao orzamento de Turismo de Galicia que foi aprobado nesta semana, a CMAT levará a cabo un plan de promoción dos establecementos da Costa da Morte a través da venda de paquetes experienciais. Experiencias culturais, gastronómicas, de turismo activo e nos mellores aloxamentos da zona coas medidas de seguridade garantidas, esa é a proposta do ente xestor do xeodestino para dinamizar.
A través dun convenio asinado ca empresa Naturmaz Viajes, crearanse experiencias turísticas a medida nas que os establecementos adheridos a APTCM xogarán un papel protagonista. Os públicos aos que irán dirixidos serán esencialmente parellas e grupos reducidos de familiares ou amizades, de Galicia ou áreas próximas. Deste xeito, faise unha aposta polo turismo de proximidade, unha peza clave neste ano no que se deben extremar as precaucións e a seguridade a causa da pandemia da covid-19.
Os paquetes turísticos son só unha parte do plan de turismo que se vai desenvolver nos vindeiros meses, nos que se potenciará a promoción dos establecementos de Costa da Morte, apostando pola atención persoalizada e o produto de calidade e “quilómetro cero” que os caracteriza. Neste sentido, realizarase unha aposta polos valores de marca “Naturalmente salvaxe” e “”Carácter mariñeiro”, a parte da identidade da CMAT fortemente vencellada ao mar e aos recursos naturais da zona.