“Con X de Laxe, con X de Peixe ” unha campaña para promocionar o peixe como atractivo gastronómico no Concello de Laxe

Con x de laxe con x de peixe una campana para promocionar el pescado como atractivo gastronomico en el ayuntamiento de laxe 1522826753

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe lanza unha campaña chamada “Con X de Laxe, con X de Peixe” para promocionar os peixes que teñen X, e facer destes un atractivo gastronómico a nivel municipal. Con este motivo creouse unha imaxe corporativa, coa que se pretende difundir o slogan e o mesmo tempo vincular peixes que levan a letra X no seu nome -como a xarda, a xuliana, o xurelo, o abadexo, o curuxo, ou a xouba- coa gastronomía local.

A intención do Concelleiro é que Laxe participe en feiras gastronómicas a través dos peixes que levan o X en galego. Como resultado desta campaña, do 9 ó 15 de abril, a hostalería do Concello de Laxe, participará nas primeiras xornadas gastronómicas “Con X de Laxe”, organizadas pola Concellería de Hostalería coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Durante os sete días que duren as xornadas gastronómicas, os consumidores poderán degustar os menús presentados polos seguintes establecementos: Áncora Taberna, Casa do Arco, Bar Escaravello, Restaurante Mar de Laxe, Panadería – Pastelería – Degustación O Ben Me Sabe, Taberna – Restaurante O Bocho, Café – Bar Restaurante O Recodo de Antía, Mesón O Rincón D’Lucas, Restaurante e Tapas Zurich.

As consumicións dos menús posibilitarán entrar no sorteo dunha cea para dúas persoas, a consumir en calquera dos nove negocios adheridos ás Xornadas. Tamén está prevista a organización dunha ruta de pinchos chamada “Peixes con X” para a fin de semana do 19 e 20 de maio.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.