
“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que conta quen somos xa está ao teu alcance
Se che gusta a Costa da Morte, agora tes un motivo perfecto para namorarte dela unha vez máis: o libro “A Costa da Morte. Naturalmente única”, promovido pola APTCM coa financiación da Xunta de Galicia, presentouse nun acto que reuniu a boa parte da Costa da Morte institucional e turística, e no que se deu a coñecer tanto a edición física como a versión dixital desta obra chamada a ser unha referencia do xeodestino.
