A CMAT promove «Cartografía do mar», unha iniciativa para fomentar o consumo de produtos pesqueiros locais e divulgar o patrimonio mariñeiro

O proxecto, beneficiario das axudas do GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible e do FEMPA, conta cun orzamento de 63.283 euros e desenvolverase entre 2026 e 2028.
Cartografía do mar: proyecto de la CMAT sobre producto pesquero local y patrimonio marinero

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo foi beneficiaria dunha axuda para desenvolver o proxecto «Cartografía do mar: patrimonio, produto local e pesca artesanal na Costa da Morte», unha iniciativa destinada a impulsar a promoción dos produtos da pesca costeira artesanal, fomentar o seu consumo responsable e achegar á cidadanía o coñecemento do patrimonio e dos oficios vinculados ao mar.

O proxecto, cun orzamento total de 63.283 euros, desenvólvese ao abeiro das axudas para proxectos incluídos nas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), xestionadas polo GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. Enmárcase na Prioridade 3 do fondo, que busca favorecer unha economía azul sostible e impulsar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas das zonas costeiras.

A iniciativa desenvolverase no ámbito territorial correspondente ao GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible, nos concellos de Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Carnota.

Coñecer o produto para valorar o traballo do mar

«Cartografía do mar» combina accións educativas, divulgativas e promocionais para mellorar o coñecemento dos recursos pesqueiros locais e reforzar a relación entre a cidadanía e o sector da pesca artesanal.

Unha das principais actuacións será a elaboración dunha unidade didáctica dixital e interactiva sobre os recursos pesqueiros da Costa da Morte, adaptada ao currículo do primeiro ciclo de Educación Primaria. Este material incluirá información sobre a importancia da pesca sostible e o consumo responsable, as artes de pesca, un calendario de especies por tempada, fichas identificativas dos produtos máis destacados e contidos sobre os procesos de etiquetaxe e venda. Incorporará tamén ilustracións, fotografías, vídeos, xogos e actividades interactivas e estará dispoñible na web da CMAT como recurso divulgativo.

O patrimonio mariñeiro constitúe outro dos eixes do proxecto, cunha actuación específica de recuperación e difusión das cartas náuticas da Costa da Morte. A iniciativa pretende destacar o seu valor como parte da historia da navegación, da pesca e do coñecemento do litoral. Esta acción completarase cun acto público no que participarán persoas expertas, representantes da CMAT, axentes culturais e turísticos, profesionais do sector pesqueiro e público interesado.

O programa inclúe tamén visitas guiadas polas lonxas, mercados e espazos vinculados aos oficios do mar. Estas experiencias permitirán coñecer a realidade da pesca artesanal e a cadea de valor dos produtos mariñeiros locais, da man de persoas que traballan nestes ámbitos. As visitas terán unha duración aproximada de 90 minutos e un máximo de 20 participantes. En 2027 realizaranse as primeiras 12, tras o deseño da estrutura e dos itinerarios, e en 2028 desenvolveranse outras 12.

A promoción do consumo de produto mariñeiro local completarase cunha campaña informativa e audiovisual en colaboración con mercados, lonxas e peixerías. Os contidos achegarán información práctica sobre os produtos máis destacados de cada zona, a súa estacionalidade, os seus usos culinarios e o seu valor nutricional, ademais de ofrecer orientación para escoller o produto máis axeitado segundo a elaboración que se queira realizar.

Tres anualidades de traballo

O proxecto executarase entre 2026 e 2028. A primeira anualidade estará centrada na creación da identidade gráfica, na coordinación cos axentes do territorio e na elaboración da unidade didáctica. En 2027 comezará a súa implementación nos centros educativos, desenvolverase a acción de recuperación e difusión das cartas náuticas e iniciaranse tanto as visitas guiadas como a campaña de promoción do produto local. Durante 2028 completarase a implementación educativa e darase continuidade ás visitas e á campaña.

O proxecto conta cun orzamento total de 63.283 euros, dos que 54.423,38 euros corresponden á axuda concedida, distribuída en tres anualidades: 14.984,64 euros en 2026, 23.413,50 euros en 2027 e 16.025,24 euros en 2028. Esta achega supón o 86 % do orzamento total.

A través de «Cartografía do mar», a CMAT busca reforzar o coñecemento e a valoración dos produtos da pesca artesanal, promover hábitos de consumo máis responsables e contribuír á difusión dunha cultura mariñeira que forma parte da identidade e da actividade económica da Costa da Morte.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT reúne en Dombate os responsables municipais de t...

O Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, acolleu este xoves 12 de novembro unha xuntanza da CMAT – Costa da Morte ...

A CMAT promoverá a colaboración entre centros educativo...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo impulsará unha liña de colaboración cos centros educativos e cos profesion...

A CMAT tecerá alianzas co sector pesqueiro e os centros...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo promoverá a colaboración entre os centros educativos e os distintos axente...

A CMAT desenvolverá unha unidade didáctica dixital para...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo desenvolverá unha unidade didáctica dixital e interactiva dirixida ao alum...

A CMAT crea unha unidade didáctica para achegar os recu...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo desenvolverá unha unidade didáctica dixital dirixida ao alumnado do primei...

A CMAT propón oito experiencias guiadas para descubrir ...

Este ano, a CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo busca completar a súa proposta de dinamización turística coa org...

A CMAT e Turismo de Galicia avanzan na creación dunha r...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, está a impulsar a instala...

Xosé Ameixeiras nomeado IV Embaixador da Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) vén de anunciar que Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carb...

A CMAT impulsa «Trazando a Costa», un proxecto para poñ...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo foi beneficiaria dunha axuda para desenvolver o proxecto «Trazando a Costa...

A CMAT promove «Cartografía do mar», unha iniciativa pa...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo foi beneficiaria dunha axuda para desenvolver o proxecto «Cartografía do m...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.