A xestión turística da Costa da Morte, paradigma de colaboración público-privada en Galicia

A CMAT e APTCM foron convidados como exemplo de xestión do Turismo nunha xornada sobre asociacionismo e gobernanza en Foz. Foron convidadas pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para compartir as súas experiencias como modelo de cooperación, xunto a outros destinos como Xixón ou a Ribeira Sacra
Cmat marina lucense es 1717686375

ZAS, 5 de xuño de 2024. A CMAT e APTCM (Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte), foron convidadas este mércores pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, como exemplos paradigmáticos de coordinación entre o sector público e privado, nunha xornada de reflexión e intercambio de experiencias no Edificio CENIMA de Foz.

A xornada, enmarcada no proxecto SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística en Destino) na Mariña, comezou ás 10:45 horas e incluíu unha Mesa Redonda, na que D. Manuel Muíño, presidente da CMAT, e Dna. Rosa Sánchez, vogal de APTCM, tiveron a oportunidade de compartir as súas experiencias e boas prácticas en xestión turística, destacando os seus modelos de cooperación e proxectos conxuntos.

Puideron intercambiar experiencias e modelos de xestión turística diferentes con outros destinos como Xixón, Ribeira Sacra ou a propia Mariña Lucense, así como falar de cadanseus proxectos a futuro.

Manuel Muíño, presidente da CMAT, destacou a experiencia como moi interesante: “tivemos a oportunidade de poñer en valor a nosa positiva experiencia como asociación público-privada e aprender tamén doutros destinos irmáns, que están a traballar mediante fórmulas distintas á nosa, como son os consorcios ou mancomunidades”.

“Neste tipo de foros evidénciase que a representatividade do empresariado turístico nos entes de xestión e o seu papel activo na estratexia dos destinos son fundamentais para o seu desenvolvemento”, subliñou Rosa Mª Sánchez, vogal de APTCM.

Esta xornada representou unha oportunidade única para poñer en valor o traballo coordinado destas dúas asociacións, CMAT e APTCM, así como reflexionar sobre a importancia da colaboración entre o sector público e privado no desenvolvemento turístico, traballando da man, en rede, por un obxectivo común: o crecemento sostible dos destinos turísticos galegos.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.