A Mesa de Calidade da Costa da Morte reuniuse para propoñer a certificación SICTED dun total de 35 establecementos do destino

Certificación SICTED Costa da Morte

A proposta das empresas e servizos que superaron o Ciclo 1 de implantación, enviarase ao Comité de Distinción en Madrid, para acadar o distintivo SICTED

Este ano certificáronse aloxamentos rurais, hoteis, apartamentos turísticos, albergues, empresas de turismo activo, oficinas de información turística, museos, centros de interpretación e un balneario, coa intención de abrir a próxima convocatoria a estes e outros subsectores 

ZAS. 10/11/2023. A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), co apoio de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña, celebrou este mércores a Mesa de Calidade do destino no Centro Sociocultural de Baio, liderada polo presidente da mesa e da CMAT, Manuel Muíño, na que se elevou a proposta de certificación de 35 establecementos polo Sistema de Calidade Turística en Destino, coñecido como SICTED. Trátase dun proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (Setur), cunha metodoloxía propia, que contribúe a implantar un sistema de xestión de calidade contando cos axentes turísticos locais públicos e privados, que obteñen un distintivo de Compromiso coa Calidade Turística á vez que pasan a formar parte da rede de destinos SICTED española.

Completaron este Ciclo 1 de 2023 un total de 35 entidades da Costa da Morte: 9 aloxamentos rurais; 8 hoteis e apartamentos turísticos, 2 albergues, 2 empresas de turismo activo, 6 oficinas de información turística, 6 museos e centros de interpretación; e un balneario. 

O proceso de formación, asesoría e avaliación, que comezou no pasado mes de xuño, foi realizado pola empresa Autoxiro, sendo o seu director, Emilio Cuíñas, quen presentou os resultados do mesmo na Mesa de Calidade da Costa da Morte, da que forman parte a Xunta Directiva da CMAT, da cal estiveron presentes Manuel Muíño, María Lema, Pepe Formoso, José Muíño e Damián Álvarez; a xestora SICTED do destino, Marta Rodríguez; Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña, representadas nesta ocasión polos técnicos Enrique P. Etcheverría e Silvia Pérez, respectivamente. A Mesa de Calidade foi a encargada de elevar a proposta de certificación dos 35 establecementos, analizando a participación, compromiso e cumprimento dos requisitos do SICTED de cada un deles. 

Estas 35 entidades están distribuídas por todo o territorio da Costa da Morte dun xeito equilibrado, que era un dos obxectivos, e as empresas privadas son socias da CMAT a través de APTCM (Asociación de Empresarios Turísticos da Costa da Morte), buscando esa unión asociativa tan necesaria para continuar consolidando o destino da Costa da Morte.

“Ademais de elevar o nivel de calidade dos servizos turísticos da Costa da Morte, o SICTED está a servir de ferramenta para crear destino, contribuír ao achegamento e traballo en rede dos profesionais do turismo do territorio, ao mellor coñecemento da oferta turística e ao fomento de novas oportunidades de colaboración”, destaca Manuel Muíño, Presidente da CMAT.

As entidades que superaron este Ciclo 1 de implantación e se certifiquen no Comité de Distinción que se celebrará en Madrid en decembro, obterán o distintivo Compromiso de Calidade Turística e pasarán directamente ao Ciclo 2 no vindeiro ano.  Cada ciclo de implantación ten unha duración estimada dun ano e inclúe formación sobre metodoloxía, atención ao cliente, boas prácticas ou lexislación, entre outros, ademais do asesoramento individualizado en materia de calidade, deseño e implantación de plans de mellora; e obradoiros colectivos para resolver dúbidas e abordar temáticas de interese para o destino. Esta anualidade, realizáronse obradoiros dinámicos para que os establecementos adheridos coñecesen de primeira man iniciativas turísticas ligadas á certificación da Costa da Morte como Destino Turístico Starlight.   

Este proxecto, apoiado pola Deputación da Coruña a través das axudas aos entes de xestión turística, ten vocación de continuidade e de aglutinar a todos os axentes implicados, polo que o ano próximo abrirase a convocatoria a outros subsectores, para ir paulatinamente incorporando á totalidade da cadea de valor do turismo da Costa da Morte.

ANEXO: Listaxe de entidades e servizos que se proporán ao Comité de Distinción para a certificación do selo de Compromiso de Calidade Turística: 

1. Centro de Interpretación dos muíños de auga, A Laracha
2. Oficina de Turismo de Caión, A Laracha
3. Casa de Verdes Turismo Rural, Cabana de Bergantiños
4. Turismo Rural O Xastre de Anos, Cabana de Bergantiños
5. O Mar de Preciosa, Camariñas
6. O Refuxio do Náufrago, Camariñas
7. Balneario de Carballo
8. Casa Rural Mar de Queo, Carballo
9. Oficina de turismo de Carballo
10. Hotel Faro de Lariño, Carnota
11. Oficina de Información Turística de Carnota
12. As Eiras Hotel, Cee
13. Atlantis Adventure, Cee
14. Oficina Información Turística Municipal de Cee
15. Museo da Pataca de Coristanco
16. Kayak Ézaro, Dumbría
17. Oficina Información Turística O Ézaro – Dumbría
18. Hotel Bela Fisterra
19. Hotel Semáforo de Fisterra
20. Museo do Mar de Laxe
21. Oficina Municipal de Turismo de Laxe
22. Hotel Playa de Laxe
23. Casa da Vasca, Malpica de Bergantiños
24. Centro de Artesanía e Tradición (CAT), Malpica de Bergantiños
25. A de Loló Alojamiento con encanto, Muxía
26. Albergue Bela Muxía
27. Apartamentos Touriñán Mar, Muxía
28. Casa Castiñeira, Muxía
29. Casa de Trillo, Muxía
30. A Casa da Canle, Vimianzo
31. Casas da Fontenla, Vimianzo
32. Castelo de Vimianzo
33. Hotel Rústico Casa do Vento, Zas
34. Torres do Allo, Zas
35. Morada da Moa, Carnota

+ info: Costa da Morte Asociación Turística / Gabinete Prensa da CMAT. 679.486.961

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.