A vila de Cee albergará o VII Encontro Internacional Starlight en outubro de 2024

Cee VII Encuentro Internacional Starlight

A Mesa Starlight Costa da Morte reuniuse esta semana para a valoración das candidaturas recibidas e a selección da sede

Catro concellos presentaron a súas candidaturas para acoller esta importante cita internacional: Carnota, Cee, Laxe e Vimianzo

ZAS, 18/03/2024. A Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT), despois de recibir no pasado mes de febreiro a resolución da Fundación Starlight indicando a selección da Costa da Morte como sede para o VII Encontro Internacional Starlight, abriu un período de candidatura a todos os concellos para que se postulasen como localización física do congreso.

Logo da finalización do período de recepción de candidaturas, onte tivo lugar a xuntanza da Mesa Starlight para realizar unha exhaustiva y rigorosa valoración de todas as propostas e, finalmente, tomar a decisión de escoller a localización para a celebración do VII Encontro Starlight, que terá lugar do 1 ao 4 de outubro deste ano na Casa da Cultura do concello de Cee.

Esta Mesa foi constituída o 5 de setembro de 2023 nas Torres do Allo, en Zas, e entre os seus obxectivos atópase o de promover o desenvolvemento do astroturismo na Costa da Morte. Está constituída pola xunta directiva da CMAT mais cinco membros honoríficos: a directora da Fundación Starlight, Antonia Varela Pérez; o director da Área de Física Aplicada da USC, Jorge Mira; a experta en Turismo e Patrimonio e profesora da UDC, Mavi Lezcano; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; e a Axencia Turismo de Galicia, nesta ocasión representada por Santiago Bacariza Cortiñas, Xefe da área de Produtos da Axencia Turismo de Galicia.

Decisión moi meditada

Todas as persoas que formaron parte da Mesa Starlight, destacaron a dificultade de escoller unha única localización, dada a calidade das propostas recibidas por todos os concellos candidatos: Carnota, Cee, Laxe e Vimianzo. Manuel Muíño, presidente da CMAT e da Mesa Starlight, subliñou: “Tratouse dunha resolución moi difícil, que realmente custou moito dada a calidade de todas as propostas que recibimos”. Así mesmo, valoraron moi positivamente e agradeceron o traballo e esforzo de todas as entidades, e pola súa participación activa neste proceso, e pola calidade de todos os formularios presentados coas respectivas candidaturas, xa que se aprecia o gran interese e capacidade de acoller este importante evento para a Costa da Morte e é un gran indicativo da enorme implicación e compromiso dos concellos para co noso xeodestino.

A directora da Fundación Starlight, Antonia Varela, felicitou á Costa da Morte e salientou unha vez máis que “será unha perfecta sede do Encontro polo seu férreo compromiso e sólida estratexia astroturística”.

Despois de tomar a decisión, a Mesa Starlight quixo destacar tamén que as actividades que se celebrarán durante o congreso non se centralizarán senón que se espallarán ao longo de todo o territorio da Costa da Morte, e contarán coa implicación dos diferentes axentes e o sector turístico local (en especial, os/as monitores/as Starlight). Prevese o deseño dun programa social intenso ao longo de todo o territorio da Costa da Morte con actividades organizadas para os congresistas e para a poboación local e visitantes, desde o 31 de setembro ata o 6 de outubro.

Importancia do Encontro

O Encontro Internacional Starlight reúne anualmente a profesionais, empresas, entidades públicas e privadas, medios de comunicación, monitores e guías Starlight, centrando o seu enfoque nos eixes transversais da Fundación Starlight: astroturismo, desenvolvemento sostible local, patrimonio natural e cultural vinculado á luz das estrelas, protección do ceo e difusión da astronomía. Ademais, este ano, coincidirá coa II Conferencia Internacional de Astroturismo e o encontro de Guías e Monitores/as Starlight 2024.

Nas súas anteriores edicións, este evento celebrouse en lugares tan diversos como Cuenca (Castela A Mancha), Gredos (Castela e León), Menorca (Baleares), Mosteiro de El Olivar (Aragón), Évora (Portugal) ou Fuencaliente de La Palma (Canarias) e adoita atraer a unha media de 150-200 participantes, demostrando ser un evento de gran impacto económico e social no territorio.

+ info: Costa da Morte Asociación TurísticaGabinete de Prensa da CMAT. 623297799

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.