Case un centenar de axentes participaron nas tres mesas de traballo, organizadas pola CMAT, para a elaboración do Plan de Turismo da Costa da Morte

Imagen Por Defecto Posts

O de onte, no Forum Carballo, foi o derradeiro encontro celebrado co sector turístico da Costa da Morte, pechando as mesas de traballo público-privadas integradas no Programa de Concertación do Plan de Acción de Costa da Morte.

A CMAT, ca colaboración dos concellos do xeodestino,  APTCM, numerosas empresas turísticas locais e outras entidades supramunicipais, obterá información relevante sobre as necesidades do sector, as súas prioridades, as súas propostas e a visión sobre o destino de Costa da Morte a corto, medio e longo prazo.

En canto ás outras canles de colaboración, a CMAT destaca a participación de máis de 40 persoas no proceso de reunións técnicas individuais cos concellos do xeodestino, nas que concurriron alcaldes, concelleiros e técnicos de turismo, cultura e desenvolvemento local. Nestas sesións realizáronse entrevistas en profundidade con cada concello, nas que se fomentou o debate e a priorización sobre cuestións relevantes tanto a nivel local coma do xeodestino.

Finalizado o prazo para cumprimentar e enviar a enquisa dirixida a empresas turísticas da Costa da Morte,a CMAT recibiu un total de 74 formularios cubertos, procedentes de aloxamentos, restaurantes, empresas de turismo activo, empresas de ocio náutico, guías, artesanía e comercio local, transportes e axencias, entre outros. Estos cuestionarios recollen achegas e reflexións moi interesantes para incorporar no Plan de Acción, tanto a nivel de diagnose como dende o ambito propositivo.

O Plan de Concertación darase por finalizado na primeira quincena de xuño, na que se desenvolverán as últimas reunións con outros organismos implicados no desenrolo turístico da Costa da Morte e de Galicia. Estas xuntanzas estarán enfocadas a aliñar as accións do Plan coas políticas vixentes, maximizando o aproveitamento de sinerxías, establecendo unha profunda anlise das oportunidades de adhesión a determinados proxectos e abrindo portas de colaboracións coas principais entidades turísticas e de desenvolvemento territorial de Galicia.

A CMAT móstrase moi satisfeita co grao de participación e implicación do sector, e velará por que as prioridades do mesmo sexan tamén as prioridades do Plan de Acción, de modo que se enfoquen accións dirixidas á dar resposta ás principais necesidades demandadas polo sector.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg