Carballo por Etapas

Carballo por tapas

Atún Calvo, pan de Carballo, patacas da nosa terra… os nosos mellores produtos estarán na ruta gastronómica Carballo por etapas os días 27, 28 e 29 de maio e 3, 4 e 5 de xuño en 20 locais hostaleiros do centro da localidade. Todas as primaveras, desde fai catro, o cheiro das mellores tapas invade Carballo. Por 1,5 euros poderedes gozar co sabor dos petiscos, pero tamén cos 940 premios directos que poderedes obter a través de ráscalos que recibirá o cliente con cada tapa: gorras, camisetas, tapas, botellas de viño e de vermú, packs de copas de viño…

Horario para probar as tapas: os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas

A ruta arrinca o venres 27 de maio ás 18.30 horas coa saída do tren turístico que percorrerá todos os locais participantes e que o leva facendo desde a primeira edición para que ninguén quede sen o seu petisco. Hai que lembrar que as tapas se servirán os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. Ademais, a cita coincide co festival internacional de arte urbana Rexenera Fest, coa celebración da fase de ascenso do Balonmán Calvo Xiria e con outras moitas citas deportivas. Así que, se estades de visita por Carballo, non dubidedes en probar os nosos petiscos!

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg