Blogtrip para mostrar e divulgar o potencial astroturístico da Costa da Morte

Blogtrip  astroturístico de Costa da Morte

Seis blogueiros e blogueiras profesionais de viaxes con máis de medio millón de visitas ao mes iniciaron hoxe, da man da CMAT, unha ruta de catro días para dar a coñecer un territorio que xa é referente no turismo das estrelas

Rubén López, Angi Baldrich, Sergio Casal, Nuria P. Espasandín, Dani Keral e Eva Abal percorrerán a Costa da Morte para mostrar nas súas redes sociais a cultura, patrimonio, natureza e o ceo nocturno do destino

Manuel Muíño, presidente da CMAT e alcalde de Zas: “Temos un territorio privilexiado para a observación do ceo e queremos dalo a coñecer”

 

Ézaro. 09/08/2023. O Blogtrip Costa da Morte Starlight comezou hoxe, mércores, 9 de agosto, cun encontro de familiarización e presentación dos/as participantes, seguido dunha ruta en caiac ata a fervenza do Ézaro. A CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), presidida por Manuel Muíño (alcalde de Zas), organizou esta iniciativa, que pretende mostrar e divulgar o destino, en xeral, e o potencial do astroturismo na Costa da Morte, en particular. A organización do itinerario xurdiu dunha estreita colaboración público-privada e do traballo conxunto co equipo de Monitores/as Starlight, no que o astroturismo serve de fío condutor para dar a coñecer a riqueza do patrimonio natural e cultural da Costa da Morte. O territorio conta, desde xaneiro de 2023, co distintivo de calidade Destino Turístico Starlight, emitido pola Fundación Starlight. 

Os blogueiros e blogueiras que, do 9 ao 12 de agosto, mostrarán a Costa da Morte nos seus canais, son Rubén López (Caminante del planeta), Angi Baldrich (@galicia.angibaldrich), Nuria e Sergio (Toxío); Dani Keral (Un viaje creativo) e Eva Abal (Una idea, un viaje). Xuntos, suman más de 50.000 seguidores na rede social de Instagram e os seus blogs reciben máis de medio millón de visitas cada mes.

 

Promoción do territorio, establecemento de sinerxías e conciencia ambiental

Segundo o presidente da CMAT, Manuel Muíño, o Blogtrip Costa da Morte Starlight pretende “difundir, promocionar e impulsar o noso xeodestino como territorio de referencia no astroturismo”. A CMAT representa ao sector turístico vinculado á iniciativa privada e tamén aos 17 concellos que integran o destino Costa da Morte: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas. “Temos un territorio privilexiado para a observación do ceo e queremos apostar pola excelencia no eido do astroturismo”, destaca  tamén Muíño, quen confía en que os blogueiros e blogueiras “dean a coñecer os nosos ceos e tamén o noso patrimonio, a nosa natureza e a nosa cultura”.

Salienta, ademais, que “a meirande parte dos servizos e das actividades programadas neste Blogtrip realízana empresas socias da CMAT, de APTCM (Asociación de Profesionais Turísticos da Costa da Morte), adheridas ao SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) e/ou Monitores/as Starlight”. Isto é froito da orientación da CMAT cara a mellora da competitividade do sector, traballando na creación de sinerxías co obxectivo de visibilizar as entidades implicadas no incremento da calidade das experiencias turísticas, a preservación dos ceos nocturnos e o fomento da sostibilidade no destino Costa da Morte.

O Blogtrip Costa da Morte Starlight visitou hoxe pola tarde o Faro Touriñán e a praia da Moreira, rematando o día cun roteiro de case tres horas polos petróglifos de As Laxiñas.

O percorrido continuará mañá xoves, 10 de agosto, cunha visita guiada ás 10.30h. por unha parte do Camiño dos Faros para, posteriormente, colaborar nunha recollida de lixo na praia de Mar de Fóra. Xa pola tarde, coñecerán a vila de Corcubión, desde onde sairán cara as Illas Lobeiras. Rematará o día co solpor na ría de Lires e, tras a cea, os participantes iniciaranse na astrofotografía nocturna mediante un obradoiro na praia de Nemiña.

 

Paddle surf, Ruta das Estrelas e Carballeira de Zas

O venres 11 de agosto, comezará cunha camiñada polo esteiro do río Anllóns, desde Ponteceso ata Balarés, e continuará cunha práctica de paddle surf. Pola tarde, está prevista a visita ás praias de Laxe e a ruta da Insua, rematando o día coa participación na Ruta das Estrelas, desde Dombate ata o Castro de Borneiro, guiada por Jorge Mira, catedrático da USC e embaixador de excepción da Costa da Morte.

O final do Blogtrip Costa da Morte chegará o sábado, 12 de agosto, cun paseo polo Street Art de Carballo, no que coñecerán algúns dos murais de graffiti máis emblemáticos da vila; para pechar o día e a viaxe na 33 edición da Festa da Carballeira de Zas, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Esta actividade foi cofinanciada pola Xunta de Galicia a través dun convenio, que se vén de asinar, entre a CMAT e Turismo de Galicia.

 

+ info: Costa da Morte Asociación Turística 

Gabinete Prensa da CMAT. 679.486.961

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...

A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 20...

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha ...

Únete ao novo canal de Telegram da Costa da Morte

Descubre unha nova forma de estar conectado coa Costa da Morte a través de Telegram, unha app de mensaxería que é moito ...

Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre: «Moitas das c...

Florece a mañá na praia de Caión (A Laracha) e citámonos con Bieito Romero, fundador do mítico grupo Luar na Lubre e rec...

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.