Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

Bieito Romero Copo, membro fundador do mítico grupo Luar na Lubre, recibirá o próximo 12 de novembro a distinción de Embaixador da Costa da Morte.
Bieito Romero No Pazo De Trasariz

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Morte

ZAS, 28/10/2024. Bieito Romero Copo, membro fundador do mítico grupo Luar na Lubre, recibirá o próximo 12 de novembro a distinción de Embaixador da Costa da Morte.

Este premio entregarase durante a celebración do IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte organizado por Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e recoñece o papel de diferentes personalidades no desenvolvemento da Costa da Morte.

Luar na Lubre e a Costa da Morte

A dilatada traxectoria nacional e internacional do grupo Luar na Lubre está fortemente vinculada coa Costa da Morte, tanto pola cantidade de cancións dedicadas nos 38 anos de carreira como polo relato que Bieito Romero transmite nos seus concertos.

A súa traxectoria vital está moi vencellada co territorio. Estes, entre outros, foron os principais argumentos polos que a Xunta Directiva da CMAT decidiu outorgarlle este recoñecemento.

Entre os temas máis destacados de Luar na Lubre, hai referencias directas a localidades da Costa da Morte. Son ben coñecidas pezas como “Fisterra”, “Camiño de Caión”,“Mártiros e o Vákner” ou Camariñas”, esta última versionada tamén por múltiples artistas de gran recoñecemento como Julie Fowlis ou Luz Casal. Tamén gravaron o seu videoclip “The Sailors Hornpipe / Pasacorreidoras” en Muxía.

Música que pon á Costa da Morte no mundo

Moitos dos seus concertos son fóra do territorio de Galicia. Falamos dun grupo con recoñecemento internacional, o cal é unha oportunidade para poñer en valor a riqueza do territorio que destacan nas súas pezas musicais. Segundo a directiva da CMAT, moitas persoas chegaron a coñecer algúns lugares da Costa da Morte pola música de Luar na Lubre.

O IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte

O martes 12 de novembro ás 18:00, a CMAT organiza no Pazo de Trasariz (Vimianzo) o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte. Un evento anual cuxo obxectivo é o intercambio de experiencias entre os actores implicados no desenvolvemento económico, social e turístico da Costa da Morte.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.