Amplíase o prazo de preinscripción para a 7ª Edición da Escola Ambiental Senda Nova

Se amplia el plazo de preinscripcion para la 7 edicion de la escuela ambiental senda nova 1541156894

Este ano por primeira vez levamos a difusión da Escola Ambiental aula por aula, por todos os centros de ensino de Carballo, dándolles unha charla informativa e repartindo as follas de preinscripción ás rapazas e rapaces carballeses.O que supuxo máis de 50 charlas en total. Esto fixo que retrasáramos as datas de difusión da Escola en moitos colexios. Ante este retraso e a multitude de consultas e preinscripcións sobre o proxecto que estamos a recibir, decidimos ampliar o prazo de preinsicripción até o martes 6 de novembro (este incluído).

Para apuntarvos só tedes que pasar pola libraría Punto e Coma (Rúa Valle Inclán 1-3) e cubrir a preinscripción que vos facilitamos nos centros de ensino ou cubrir unha das que hai na propia libraría. Lembrade que hai prazas limitadas, e unha lista de espera continua e con vida durante todo o proxecto na cal irán entrando e saíndo participantes. Polo que se estás interesadx en participar non dubides en apuntarte.

Queremos agradecer fondamente a boa acollida que este ano está a ter o proxecto da Escola Ambiental Senda Nova – Concello de Carballo. Que acada xa a súa 7ª edición. Agradecer ás familas a confianza en nós un ano máis e pedir desculpas polos posibles retrasos na información do proxecto aos participantes e as súas familias.

Se tedes algunha dúbida sobre o proxecto non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través de email (sendanova@hotmail.com) ou no teléfono 611037614. Anímate a participar neste fermoso proxecto e a compartir durante 8 meses experiencias increibles na natureza! Xoga na natureza do teu entorno goza do teu patrimonio!!!

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.