Search
Close this search box.

O blogueiro de viaxes Alberto Ribas comeza a súa andadura por Costa da Morte

alvientooo

Como parte das actividades programadas polo ente xestor do xeodestino Costa da Morte CMAT no ano 2020, realizadas grazas ao convenio con Turismo de Galicia dedicado á promoción dos xeodestinos, iniciouse unha proxecto de promoción turística a través da ollada de blogueiros profesionais. Máis concretamente, contarase ca participación do blogueiro de viaxes profesional Alberto Ribas, mente detrás do proxecto Alvientooo.

Durante as seguintes dúas semanas, Ribas percorrerá tódolos concellos que conforman a CMAT facendo un detallado seguimento nas súas redes sociais. Posteriormente, elaborará unha guía de recomendacións para moverse pola zona que se poderá atopar no seu blog www.alvientooo.com 

Cabe destacar que todos os concellos están participando activamente na elaboración da ruta, a través de suxestións dos lugares máis interersantes da súa zona. Algúns deles incluso están adicando uns minutos do seu tempo a acompañar a Alberto na súa andaina. 

O obxectivo que se persegue con esta colaboración é o de pór en valor a Costa da Morte a través das canles sociais que nos achega internet e implicar ás empresas privadas que conforman APTCM, a asociación de empresarios que aporta a parte privada dentro da CMAT. Neste ano fortemente marcado tamén no ámbito turístico pola pandemia da covid, buscarase fomentar o turismo de proximidade e que aqueles viaxeiros que xa tiveron visitado a Costa da Morte anteriormente descubran novos lugares e recursos menos masificados e que tamén forman parte do xeodestino. Máis concretamente buscarase potenciar aqueles vencellados ao “Carácter Mariñeiro” da terra e o seus estilo de paisaxe “Naturalmente salvaxe”.

Nos vindeiros días poderemos seguir as andainas de Alvientoo na súa conta de Instagram (@alvientooo) que acumula máis de 23.000 seguidores, Facebook (@alvientoo) con case 4000 e Twitter (@alvientooo) con 7600.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg