Administracións públicas e iniciativa privada conxúranse en Muxía para converter a Costa da Morte nun destino turístico de referencia

evento-muxía

O Parador Costa da Morte acolleu onte á tarde o Encontro de Turismo Costa da Morte, onde concellos, Deputación da Coruña, Xunta e empresas turísticas debateron sobre a potencialidade da zona como xeodestino e apostaron pola colaboración no eido turístico.

Proxectouse a reportaxe “O Camiño Continúa”, que servirá de promoción en canles “online” e feiras internacionais de turismo.

As administracións locais da Costa da Morte, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e os representantes da iniciativa privada vinculada ao eido turístico marcáronse onte no Encontro de Turismo Costa da Morte celebrado no Parador Costa da Morte de Muxía un obxectivo: traballar coordinada e conxuntamente na promoción turística da Costa da Morte para converter este territorio nun destino de referencia. Mónica Rodríguez, presidenta de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), entidade impulsora e promotora deste encontro, que aspira a continuidade nos próximos anos, agradeceu o compromiso “incondicional” das diferentes administracións públicas co proxecto da promoción da Costa da Morte e, asimesmo, apuntou o protagonismo das empresas turísticas para “apostar pola potencialidade da zona como xeodestino turístico”. A iniciativa privada estivo representada por empresas locais e polo tecido asociativo, por axencias de viaxes e cadeas hoteleiras tanto de Costa da Morte coma de toda a Comunidade Autónoma.

O Encontro de Turismo Costa da Morte comenzou coa benvida do alcalde de Muxía, Santiago Toba, que exerceu de anfitrión. Agradeu aos presentes o seu interese por esta iniciativa. De seguido foi Marta Rodríguez, membro do equipo da Secretaria Técnica da CMAT que presentou os obxectivos. “Queremos que a Costa da Morte sexa referente; sexa un exemplo da colaboración de iniciativa pública e privada para impulsar un territorio no eido do turismo”.

Os representantes das diferentes institucións tomaron tamén a palabra. Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, entidade dependente da Xunta, falou das Oportunidades do Camiño de Fisterra e Muxía e a futura Senda Litoral para Costa da Morte. Ao seu parecer, Costa da Morte conta con sobrados atractivos para consolidarse como un destino turístico de primeira magnitude. A continuación, foi o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, quen, coincidindo cos argumentos de Nava Castro, abordou A importancia do turismo cultural en Costa da Morte, Camiño de Fisterra e Muxía e Parque do Megalistismo. Neste territorio atópase o Dolmen de Dombate, considerada a catedral do megalitismo galego, así como numerosos vestixios. Este territorio conta con máis de 300 mámoas, dolmens e outras construcción funerarias, que conforman unha das mostras máis representativas da Idade de Pedra na Península Ibérica. Pola súa banda, o secretario da CMAT e presidente da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), tratou os Retos e fortalezas do tecido empresarial turístico de Costa da Morte.

Tras a intervención dos representantes institucionais, no Parador Costa da Morte de Muxía, proxectouse a reportaxe audiovisual ‘O Camiño Continúa’. Este documental foi grabado no mes de setembro durante o percorrido que fixeron polo Camiño de Fisterra e Muxía e pola Costa da Morte os blogueiros Bo Saldaña, de ElMundoOk; Leticia Pérez, de Trucos viajeros; Eva Abal, de Una idea un viaje; Dani Keral, de Un viaje creativo; e Alberto Ribas, de Alvientooo. Esta reportaxe, que fai fincapé no potencial turístico da zona, e especialmente do Camiño de Fisterra e Muxía, será empregada como reclamo turístico en canles online e proxectarase en feiras de turismo autonómicas, nacionais e internacionais.  Tras o seu visionado, os blogueiros participaron nun debate. Todos coincidiron no “potencial” turístico con que conta Costa da Morte.

A presidenta do CMAT foi a encargada de pechar o Encontro de Turismo Costa da Morte. “Agradeceu a aposta por Costa da Morte das institucións públicas e privadas”. Tamén agradeceu ás diferentes administracións o traballo feito ata o de agora na promoción turística e invitounos a seguir “colaborando de xeito conxunto en beneficio dos concellos da Costa da Morte”. Tras o seu discurso, os asistentes tiveron tempo para o networking, onde se favoreceu o diálogo e a posta en común de ideas, novos produtos turísticos e alianzas empresariais.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.