Os concellos da Costa da Morte poñen en marcha as actividades estivais, aos poucos e sempre coidando as medidas de seguridade

actividades de verano

Coa chegada da coñecida como “nova normalidade” xusto a tempo para inaugurar o verán, foise recobrando de novo a vida nas rúas. Respetando as medidas de seguridade e protección establecidas para a COVID-19, os concellos que conforman Costa da Morte van poñendo en marcha unha vez máis o programa de actividades estivais, perfectas tanto para descubrir por primeira vez os atractivos que agocha cada un deles como para que os desfruten unha vez máis aquelas persoas que ben os coñecen.

Os visitantes poderán descubrir a beleza e exhuberancia que presenta a natureza neste rincón de Galicia da man de rutas que se están a organizar para os meses de xullo e agosto. É o caso da que xa se está a levar a cabo no litoral do concello de Malpica. No caso de Ponteceso, con Camiñar na Noite, invitan aos máis aventureiros a vivir os paseos dunha forma diferente.  

Por outra banda, o castelo de Vimianzo acolle visitas teatralizadas para que os visitantes se mergullen na  súa historia e, polo tanto, na da propia vila. Mentres, os espectáculos chegan ás rúas de A Laracha e as noites dos xoves vístense de cine en Carnota, onde se celebrará durante o verán un ciclo de cine que xa comezou a semana pasada coa famosa película galega O que arde

Pode que este sexa o verán máis excepcional, al menos desde hai ben tempo. Pero iso non impide que se poida desfrutar de Costa da Morte como se merece esta terra chea de maxia, onde as súas xentes e as súas tradicións poden enfeitizar aos viaxeiros tanto como a fermosura das súas praias, do seu patrimonio e da súa natureza salvaxe.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.