A nova tempada da serie de La2: “Turismo Rural no Mundo” presenta 13 destinos de todo o mundo entre os que se atopa Costa da Morte

La nueva temporada de la serie de la2 turismo rural no mundo presenta 13 destinos de todo el mundo entre los que se encuentra costa da morte

O equipo da serie de La2 de TVE “Turismo Rural no Mundo” comezou a pasada semana a rodaxe dun dos seus capítulos en distintas localizacións da provincia da Coruña. A Costa da Morte, coa súa impresionante paisaxe e os traballos vencellados ao mar como o marisqueo, en especial o do percebe, terán tamén unha importante presenza no programa. 

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que o programa “supón un excelente escaparate para dar a coñecer en toda España o moito que o rural coruñés ten que ofrecer” e destacou as xestións realizadas pola área de Turismo da institución provincial para que A Coruña protagonice un dos episodios desta serie de La2. 

O proxecto naceu durante o encontro do equipo do programa co responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, na última edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid, no que se acordou dedicar un dos programas a algúns dos xeodestinos que promove a institución na súa liña de promoción turística.  O director da serie, Juan Frutos, destacou o obxectivo de “dar a coñecer destinos desde o prisma rural” e falou con entusiasmo da Coruña da que ficou fascinado cando fixo unha viaxe con 16 anos que, segundo dixo, o marcou “para toda a vida, pois foi nesa visita onde decidín estudar xornalismo”, dixo.  

Durante a pasada semana, o equipo de produción gravou nos xeodestinos de Ferrolterra, A Coruña e as Mariñas, Terras de Santiago, Ría de Muros Noia e Arousa Norte, acabando na Costa da Morte. Os recursos transcendentais foron as Fragas do Eume e o mosterio de Caaveiro, San Sadurniño, a serra da Capelada e Cabo Ortegal, a cidade da Coruña (a torre de Hércules, o mirador de San pedro e a Mariña), o Camiño Inglés, a ría de Muros – Noia, a fervenza do Ézaro, Malpica de Bergantiños, Corme, monte Branco e o faro de Punta Nariga, e a lagoa de Baldaio e Caión.

 

A segunda tempada do programa pechou con moi bos datos de audiencia, de aí que se estea rodando xa esta nova serie de capítulos. Como exemplo, o dedicado a Madeira alcanzou os 427.000 espectadores e espectadoras e 2,9% de share. Foi o programa máis visto de La2 de TVE despois de “Saber y Ganar”, a referencia da  cadea pública. O episodio dedicado a Asturias, con 3,5% e 481.000 espectadores, foi un dos programas máis vistos do primeiro trimestre de 2018.

 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.