A Fundación Starlight entrega en FITUR o certificado Destino Turístico Starlight ao xeodestino Costa da Morte

La Fundación Starlight entrega en FITUR el certificado Destino Turístico Starlight al xeodestino Costa da Morte

“Xa é oficial, xa o podemos dicir con todas as da lei: Costa da Morte incorpórase hoxe á rede internacional de Destinos Starlight”, dixo hoxe Mónica Rodríguez, presidenta da CMAT, entidade que tamén recibe o Recoñecemento Especial de Turismo de Galicia polo traballo feito en 2022 para lograr esta meta.

“Xa é oficial, xa o podemos dicir con todas as da lei: Costa da Morte é un lugar fantástico para a observación do ceo nocturno, e incorpórase hoxe á rede internacional de Destinos Starlight”. Estas foron as palabras de Mónica Rodríguez Ordópez, presidenta de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), Mónica Rodríguez, na súa intervención tras recibir a Certificación, que acredita ao xeodestino integrado polos 17 concellos integrados en Costa da Morte (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas) como Destino Turístico Starlight. Mónica Rodríguez, tamén alcaldesa de Vimianzo, e o científico baiés Jorge Mira recibiron esta tarde o prestixioso selo na caseta de Turismo de Galicia, en FITUR 2023, de mans da directora da Fundación Starlight, Antonia Varela.

O tesoureiro de CMAT e alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, previamente, foi o encargado de recoller o Recoñecemento Especial de Turismo de Galicia. Nava Castro, a súa directora, entregou este recoñecemento a Costa da Morte polo traballo desenvolvido durante 2022 para conseguir o ansiado sinal Destino Turístico Starlight. Neste acto tamén estivo presente Jorge Mira, catedrático da Universidade de Santiago e un dos impulsores para que Costa da Morte convertésese en destino internacional do astroturismo. Pola súa banda, Jorge Mira será protagonista mañá, venres 20 de xaneiro de 2023 en FITUR da presentación da publicación, baseada nos seus estudos científicos, da Guía do último solpor da Europa Occidental.

A entrega do selo Destino Turístico Starlight estivo enmarcado no acto Costa da Morte, de camiño a ser un Destino Starlight. Comezou ás 18.30 horas na caseta de Turismo de Galicia en FITUR. A presidenta de CMAT mostrouse moi satisfeita do traballo desenvolvido durante os últimos meses, un labor que serviu para que o xeodestino sexa xa, a partir de hoxe mesmo, Destino Turístico Starlight. Destacou a aposta por un “turismo sostible” e “a concienciación para traballar na conservación do ceo nocturno”. Este sinal de calidade “daranos recoñecemento e visibilidade, non só no ámbito nacional senón tamén internacional”, destacou a tamén alcaldesa de Vimianzo. Agradeceu o traballo do científico Jorge Mira, e de Antonia Varela, presidenta da Fundación Starlight e de todo o seu equipo, sobre todo aos auditores Aleix Roig e Susana Malón. Tamén tivo palabras de eloxio e agradecemento para a Deputación dá Coruña e para Turismo de Galicia “polo seu apoio continuado desde a creación de CMAT, e en concreto polo cofinanciamento deste proxecto”. E agradeceu o compromiso do sector turístico local, representado por APTCM, e da secrataría técnica de CMAT, Marta Rodríguez.

A continuación, tomou a palabra Jorge Mira, que destacou os aspectos diferenciais de Costa da Morte para erixirse como lugar especial para a observación do ceo. E lembrou as principais calidades que a facían idónea para converterse en Destino Turístico Starlight. Tamén puxo en valor a cooperación entre Administracións, Universidade e sector privado para perseguir un obxectivo común e lembrou as fortalezas que xeran a unión de ciencia e turismo.

Por su parte, Antonia Varela, directora de la Fundación Starlight destacó el trabajo de Costa da Morte Asociación Turística para conseguir el certificado Destino Turístico Starlight. Dio la enhorabuena a todo el equipo de gestión de CMAT, a sus directivos, a todos los concellos integrados al xeodestino y a los representantes de le iniciativa turística privada. Antonia Varela recordó qué supone ser Destino Turístico Starlight y los compromisos que se adquieren, sobre todo en lo que se refiere a la reducción de la contaminación lumínica y la protección del cielo nocturno, así como la apuesta de los concellos por un alumbrado público exterior inteligente y más sostenible. Por su parte Xosé Regueira, vicepresidente de la Deputación da Coruña, y Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, tuvieron también la oportunidad de felicitar a CMAT y a todo el ecosistema turístico de Costa da Morte.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.