A Deputación leva a Cee unha exposición de caricaturas de Siro López sobre o 40 aniversario da Constitución

A deputacion leva a cee unha exposicion de caricaturas de siro lopez sobre o 40 aniversario da constitucion

A Deputación da Coruña súmase ás conmemoracións do 40 aniversario da Constitución coa organización dunha exposición de caricaturas nas que o artista ferrolán Siro López recolle a súa particular visión acerca dalgúns dos episodios máis destacables da Transición española, dende a morte de Franco ata a victoria do Partido Socialista nas eleccións xerais de 1982.

A mostra, composta por 117 debuxos acompañados de textos explicativos do contexto histórico que describen, teñen entre os seus protagonistas ao Rey Juan Carlos,  Adolfo Suárez, Calvo Sotelo, Felipe González, Santiago Carrillo, Manuel Fraga Iribarne, Xerardo Fernández Albor ou Francisco Vázquez, inaugurouse onte na Casa da Cultura de Cee, onde permanecerá ata o vindeiro 28 de outubro. 

“Con motivo do 40 aniversario da Constitución, ninguén mellor que Siro para axudarnos a recuperar e retratar a memoria dun dos períodos políticos máis convulsos e apaixoantes da nosa historia recente”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que destacou “os importantes cambios sociais e políticos” que se produciron en España nestas catro décadas “e que tiveron como protagonista ao conxunto da sociedade española”. 

“Isto foi posible en parte grazas a un texto constitucional que regulou e garantiu as nosas liberdades, os nosos dereitos como cidadáns e a nosa convivencia nun Estado social e democrático de dereito”, afirmou González Formoso, que agradeceu “o talento, a xenialidade e a mestría artística de Siro. Ás veces arrincándonos un sorriso, outras invitándonos a reflexionar e sempre facéndonos cómplices da súa particular visión dun tempo no que a sociedade española sentou os alicerces do que hoxe somos como país”.

“Se unha imaxe vale máis que mil palabras, os debuxos de Siro poden retratar mellor que moitas crónicas da época aos personaxes que protagonizaron estes anos”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña.

Na presentación que asina no catálogo da mostra, o xornalista Fernando Ónega afirma que a exposición organizada pola Deputación plasma a “esencia creativa de Siro” e apunta que “esta colección de dibujos es un capítulo apasionante de la historia de España y de Galicia; de la historia que hemos convenido en llamar Transición, con mayúscula, y que no es otra cosa que la apasionante construcción de la democracia y la ilusionante conquista de las libertades y los derechos civicos”.

Pola súa banda, o historiador Justo Beramendi, que tamén asina o prólogo do catálogo da exposición, apunta que Siro “constrúe un relato ilustrado que, con rigor e humor, lévanos da man, sen saltarse nada importante, dende as primeiras leis franquistas que marcaron a sucesión na xefatura do Estado até o triunfo do PSOE pasando pola morte do ditador, os intentos de perpetuar a ditadura, a reforma política de Suárez, o conflitivo enfrontamento ruptura-transición e o proceso constitucional”.

 

Tras a súa estancia inicial na cidade da Coruña e en Cee, onde permanecerá ata o 28 de outubro, a exposición continuará na Casa da Cultura en Carballo, do 17 de xaneiro ao 3 de febreiro.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.