A Deputación da Coruña promove a contratación de profesionais nas oficinas de turismo dos concellos

La diputacion de a coruna promueve la contratacion de profesionales en las oficinas de turismo de los ayuntamientos

A área de Turismo destina 800.000 € euros para o programa destinado a municipios de menos de 50.000 habitantes. A profesionalización do sector é un dos obxectivos da área de Turismo da Deputación da Coruña que destina 800.000 para promover novas contratacións de persoal das oficinas de turismo de concellos de menos de 50.000 habitantes. 

A Deputación da Coruña financia as retribucións do persoal técnico para as oficinas de turismo dos concellos ou agrupacións de concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes, por un período mínimo de 4 meses, coincidindo coa temporada alta turística. Para este fin, a área de Turismo destina 800.000 € que teñen como obxectivo contratación de persoal especializado para manter abertas as oficinas de turismo, cando menos, catro meses en temporada alta.

“Esta liña é un eixo fundamental da xestión da área de Turismo da Deputación da Coruña xa que, por unha parte, contribúe á empregabilidade de persoas con formación no sector e, pola outra, é fundamental á hora de profesionalizar a atención turística, coa contratación de persoas especializadas”, sinala o deputado responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira.  Segundo o deputado de Turismo, con esta liña destinada aos concellos que achega até 20.000 € por solicitude, conseguiranse “materializar novas contratacións que irán en beneficio da planificación turística e ampliarán o período de atención ás persoas que visitan o territorio da Coruña”. 

Os criterios de baremación das solicitudes contemplarán o número total de aloxamento en establecementos turísticos do concello ou agrupación dos concellos, a capacidade de cobertura da demanda turística, o que significa a existencia de oficinas de información turística diferenciadas e un área ou servizo de seu no concello con persoal asignado, entre outras ou o interese turístico e a planificación sostida. A liña da área de Turismo reverterá na creación de postos de traballo no sector turístico, un dos obxectivos nos que traballa o departamento que dirixe na Deputación da Coruña, Xosé Regueira

O persoal que opte ás prazas dos concellos deberá estar en posesión dos títulos de técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística, Turismo, técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou grao e licenciatura en Historia da Arte, Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio ou Historia. Na seguinte ligazón pódense consultar as bases completas da convocatoria: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/09/2019_0000000112.html

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.