A Deputación da Coruña confirma a mellora de xestión das Torres do Allo coa cesión ao Concello de Zas

La diputacion de a coruna confirma la mejora de la gestion de las torres do allo con la cesion al concello de zas 1525421180

O novo modelo de xestión do patrimonio que desde hai dous anos desenvolve a Deputación da Coruña confirma, segundo o responsábel, Xesús Soto, a mellora na difusión e promoción dos bens por parte dos concellos. Neste sentido, Deputación e Concello de Zas volveron a asinar o convenio de colaboración que continúa co labor de promocionar un monumento de referencia na Costa da Morte.

Un maior coñecemento do ben, implicación da veciñanza na súa posta en valor,  desenvolvemento dun programa para o seu uso educativo e inclusión na estratexia turística municipal son algúns dos obxectivos do novo convenio de colaboración que continúa o modelo iniciado pola área de Patrimonio e Contratación, dirixida polo deputado Xesús Soto, para a xestión das Torres do Allo por parte do Concello de Zas.

Neste sentido, o novo convenio subscrito polo deputado Xesús Soto e o alcalde Manuel Muíño contempla a xestión do servizo de atención aos visitantes, comunicación e promoción do ben, creación dun espazo didáctico e a aprobación dun programa de actividades de animación.  Especial atención mereceu na avaliación da xestión anterior, o esforzo polo concello de Zas de dar a coñecer o que está considerado Ben de Interese Cultural e que é o primeiro monumento na principal vía de entrada á Costa da Morte.

“Desde o concello desenvolveuse un importante labor de difusión, tamén a través das redes sociais e con soportes propios co fin de dar a coñecer as Torres do Allo como recurso turístico e patrimonial non só de Zas senón de toda a Costa da Morte e iso confirma a conveniencia de poñer o patrimonio da Deputación nas mans dos concellos en que se asentan”, valora o deputado Xesús Soto.

Ao respecto, o alcalde Manuel Muíño confirma a axilidade e a proximidade á veciñanza do monumento desde que a xestión depende directamente do concello. “Agora a referencia é o propio concello e desde alí dáse resposta a consultas, solicitudes de visitas ou achegas de materiais informativos”, sinala.

O convenio entre a Deputación e o Concello prolóngase ao longo de todo o ano e, ademais do espazo didáctico, o plan de comunicación e o investimento en recursos humanos contempla actividades de animación como organización de exposicións, Room escape, visitas teatralizadas, día do xogo tradicional, concurso fotográfico, mercado tradicional de San Ramón, monografías e congreso, e outras iniciativas de conmemoración das festas tradicionais. O orzamento ascende a 46.596,37€ que a Deputación da Coruña achega ao Concello de Zas para a xestión global do monumento. 

Neste mesmo mes de maio inícianse as actividades escolares con visitas didácticas e obradoiros para o que o Pazo do Allo estará aberto todos os venres co fin de que os centros podan achegarse con reserva previa. As visitas adáptanse a cada ciclo educativo co fin de mostrar os valores artísticos, históricos, medioambientais, científicos e etnográficos do Allo.

Canda as visitas, desenvolverase un programa de obradoiros que inclúe un taller de plantación de sementes chamado “Sementes do Allo”, obradoiro de tecido artesanal,  “Tecendo a miña roupa,  circuíto de probas a “Xincana do Allo” ou o de escudos heráldicos co obradoiro “Escudo de Familia”.

Desde que a xestión depende do Concello de Zas, as Torres do Allo incrementaron o número de visitas e no período vacacional do 23 de marzo ao 1 de abril un total de 662 persoas achegáronse a visitar o monumento.

As Torres do Allo forman parte tamén dos itinerarios do programa de Turismo Escolar da Deputación da Coruña e forman parte co castelo e os muíños de batán de Vimianzo e o propio Dolmen de Dombate de Cabana de Bergantiños do círculo monumental de bens da Deputación da Coruña que conforman, en tan só cinco quilómetros á redonda, un circuíto de especial interese monumental e artístico na entrada da Costa da Morte. 

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...

A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 20...

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha ...

Únete ao novo canal de Telegram da Costa da Morte

Descubre unha nova forma de estar conectado coa Costa da Morte a través de Telegram, unha app de mensaxería que é moito ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.