A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de boas prácticas en xestión turística

A xunta directiva da CMAT estará este mércores e xoves en Uribe, no País Vasco, para participar nunha visita institucional centrada no intercambio de boas prácticas na xestión turística. A iniciativa enmárcase dentro do programa DP0030 da Deputación da Coruña que promove a mellora da calidade turística.
Visita de la directiva de la CMAT al destino turístico de Uribe

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turístico de Uribe. Esta viaxe é unha oportunidade para coñecer de primeira man iniciativas innovadoras que están a dar resultados noutros territorios similares ao noso e que poderían adaptarse á nosa realidade territorial, buscando aprender de modelos que funcionan e establecer lazos de colaboración.

A comitiva estará encabezada por Manuel Muíño Espasandín, alcalde de Zas e presidente da CMAT, acompañado por María Lema Santabaya, concelleira de Turismo de Dumbría e vicepresidenta da entidade; Pepe Formoso Mourelos, presidente da APTCM e secretario da CMAT; José Muíño Domínguez, alcalde de Cabana e tesoureiro da CMAT; Damián Álvarez Tajes, secretario da APTCM e vocal da CMAT; e Marta Baños Talaván, responsable de asistencia técnica da CMAT (GOODLIFE).

PROGRAMA VISITA URIBE – COSTA DA MORTE

14 DE MAIO – MÉRCORES

  • 9:00 h. Encontro institucional e presentación da ADR Jata-Ondo e o destino Uribe no Concello de Laukiz.
    (Asisten: Ion Gorka Elgezabal, presidente de Jata-Ondo e alcalde de Laukiz; Jokin Etxebarria, xerente de Jata-Ondo; Jagoba Martínez, técnico de Jata-Ondo).
  • 11:00 – 13:30 h. Visita ao Flysch de Bizkaia (Barrika – Sopela).
    Seguramente nos acompañe a técnica de turismo do Concello de Sopela e o concelleiro de promoción económica e turismo.
  • 16:00 h. Visita ao caserío Landetxo Goikoa de Mungia.
    Está previsto que asista a alcaldesa de Mungia e un técnico, ademais do alcalde de Maruri-Jatabe e presidente da mancomunidade Uribe-Butroe.
  • 17:30 h. Visita á explotación agrícola Mustai Ortua.
    Asistirá tamén o alcalde de Maruri-Jatabe.
  • 19:00 h. Visita ao Castelo de Butrón.

15 DE MAIO – XOVES

  • 9:00 h. Saída cara a San Xoán de Gaztelugatxe.
  • 12:00 h. Saída cara a Larrabetzu para coñecer o núcleo urbano, o Camiño de Santiago e a Ruta Medieval.
  • 16:00 h. Encontro con representantes de empresas do sector turístico:
    Hostalería-Restauración, Aloxamentos Rurais e Turismo Activo.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.