Search
Close this search box.

Despedimos o ano cun pequeno repaso polo que foi 2019 para nós

2019

Este 2019 foi un ano moi produtivo para a CMAT, xa que se seguiu avanzando no cumprimento do Plan de Acción para o Turismo de Costa da Morte 2019-2021 traballando de xeito intenso en algunhas das liñas estratéxicas. De cara ao ano que ven, seguiremos poñendo todos os nosos esforzos para conseguir o recoñecemento turístico que a Costa da Morte merece.

Comezamos pola nosa marca, que á metade do ano transformouse radicalmente. En agosto presentamos unha nova imaxe, máis atractiva e que busca simbolizar a riqueza do xeodestino co verde da súa natureza, o azul do mar ou o laranxa dos solpores.

Esa nova imaxe xa loce nas novas guías turísticas e trípticos que preparamos para os nosos visitantes. Os trípticos son catro, un por cada un dos nosos valores de marca cos que queremos que sexa coñecida a Costa da Morte: “Naturalmente salvaxe”, “Máxica e espiritual”, “Carácter mariñeiro” e “Tradicional e profunda”, mentres que a guía abárcaos dun xeito máis completo. Ademais do formato en papel que se pode atopar en diferentes puntos dos concellos da zona como Oficinas de Turismo e puntos de información, están dispoñíbeis para consulta e descarga na nosa web.

Outro dos puntos fortes nos que traballamos ao longo do 2019 foi a promoción do turismo deportivo. Naceu deste obxectivo o proxecto “Costa da Morte Turismo + Deporte”, que conta ca colaboración de diferentes establecementos turísticos para garantir unha experiencia do máis atractiva para os deportistas que veñen realizar algunha proba e os seus acompañantes. De cara ao vindeiro ano este proxecto seguirá tomando forza no xeodestino, con máis establecementos adheridos e probas deportivas asociadas. De feito, vimos de presentar o novo dossier de promocións esta mesma semana.

Pensando neses mesmos profesionais da hostalería e do turismo preparamos un completo programa formativo de balde. Durante os meses de outubro e novembro impartimos os seguintes cursos para o sector en Costa da Morte: “Marketing turístico online para destinos e empresas turísticas e deseño de programas culturais”, “Mellora da competitividade da hostalaría e empresas turísticas de Costa da Morte en gastronomía local”  e “Inglés básico e medio aplicado á hostalaría e turismo”. Todos eles foron un éxito de participación e os asistentes salientaron a utilidade e o aspecto práctico de cada un deles.

Este 2019 foi tamén o ano de cambio na Xunta Directiva. En xullo dixemos adeus a Juan Blanco, alcalde de Mazaricos como presidente e saudamos a Santiago Toba, alcalde de Muxía. O novo presidente e o resto de membros da xunta directiva leva dende entón traballando e implicándose en tódalas accións que levamos a cabo.

Como dixemos, este 2019 foi un ano cheo de actividades e proxectos para a CMAT. Estivemos presentes en diferentes feiras e eventos turísticos coma Fitur ou a Feira Atlántica Gastronómica, tamén nos involucramos no recoñecemento da Costa da Morte coma Reserva Mundial de Surf, démoslle un empurrón á nosa estratexia en redes sociais e ata fixemos un concurso en Instagram co apoio de Suministros Lar.

Para o 2020 temos o compromiso de seguir traballando para converter á Costa da Morte no destino turístico favorito de tódolos públicos. Feliz ano!

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg